


O día 9 de Xuño terá lugar a VII Carreira de montaña Subida Rocas - O Eirado e a VII Andaina
Concello de Esgos.
Fotos:
Resultados
- Data:
- Domingo 9 de Xuño de 2013
- Organiza:
- Concello de Esgos e Asociación de Veciños de Lobaces
- Provincia:
Ourense
Nome das Probas:
- Carreira de montaña: "VII Subida Rocas - O Eirado"
- Carreira: Campionato Galego de Montaña
- Andaina: VII Andaina Popular Concello de Esgos
Saída:
Praza da Souteira. Esgos (diante a casa do Concello).
- As 08.30 comezarase a repartir os dorsais
- Andaina: 09.30
- Carreira: 10.30
Chegadas:
- Carreira: O Eirado
- Andaina: Esgos
Distancia:
- Carreira: 13 Km.
- Andaina: 20 Km.
Percorrido da Andaina:
-
Sairemos da praza da Souteira (582 m) fronte a casa do Concello
-
Diriximonos hacia a Meiroá, pasaremos polo Mosteiro de San Pedro de Rocas e subiremos hacia Os Arcos. De alí iremos ata Os Pensos pasando polos pobos de Melón Alto e Melón Baixo, Reboral, Fondo de Vila e Casanova. Baixaremos despois ata Esgos por As Guimarás.

Percorrido da Carreira:
- Saída da Casa do Concello de Esgos [582m.]
- Subida ás piscinas, descenso ó pobo de Meiroá e Calsomiro (pola ruta de sendeirismo "Camiño Real". Homologada PR-G4)
- Subida ata o Peto das Ánimas; tramo de descenso e de novo ascenso ata o Mosteiro de San Pedro de Rocas. Avituallamente líquido
- Subida ata a estrada asfaltada
- Tramo de 200m. pola estrada de asfalto e novo camiño que nos leva ó pobo de Arcos.Avituallamente líquido
- Saida de Arcos en dirección a Gomariz pola estrada asfaltada
- No primeiro desvío á dereita (a 300 metros do pobo) polos camiños da ruta "Camiño Natural da Ribeira Sacra" dirección Virxe do Monte [962m.] Avituallamente líquido
- A proba finalizará no Eirado (1160m). Avituallamente líquido e sólido.

Xa está dispoñible o ficheiro KML para ver o percorrido da andaina con Google Earth. Clica na seguinte imaxe para descargalo.
Inscricións:
Cuota 8€
- Andaina e Carreira Popular
Pago na conta do Concello de Esgos especificando nome e apelidos e proba na que se inscribe.
Nº Conta NovaGaliciaBanco: 2080 5300 76 3110003418. Os que non sexan clientes de Novagalicia Banco, para non pagar a comisión bancaria de 3€ deben facer o ingreso da seguinte maneira:
*Ordenante: Concello de Esgos * Concepto: Nome e apelidos
Unha vez feito o ingreso deberán remitir o xustificante do ingreso xunto cos datos persoais e a proba na que se inscriben (Andaina ou Carreira) o:
- Fax do Concello: 988290006
- E-mail: info@concelloesgos.com
Ou entregar o xustificante cos datos persoais e a proba na que se inscriben (Andaina ou Carreira) en:
- Turini Sport.
Avda Habana, 34 - Ourense
Santo Domingo, 62 - Ourense - Coolsport - Santo Domingo, 41 (Galerias Viacambre) - Ourense
Os participantes na carreira deberan indicar a data de nacemento.
- Campionato Galego de Montaña (só federados)
Poderán facer a inscrición na páxina web da federación galega de atletismo: www.fgatletismo.es
Os federados que queiran ter opción a Premio de 500€, os sorteos, a camiseta e a comida deben facer o ingreso dos 8€.
Data límite inscrición: 6 de Xuño
Detalles da Organización das Probas:
- Haberá avituallamentos líquidos e solidos no percorrido das probas.
- Disporase de ambulancia(s) e un médico
- O remate das probas haberá comida para todo-los participantes.
- Haberá varios sorteos o remate da comida.
- Entrega de trofeos e premios os tres primeiros clasificados de cada unha das categorías ( Junior, Senior, Vet-A, Vet-B)
- Todo o percorrido estará señalizado con cintas e vallas.
- Os cruces e saidas a estrada estarán controlados pola organización.
- Unha moto de Trial abrirá a carreira.
- Os andaríns deberán facilitar o paso dos corredores.
- Suministrarase dorsais a todo-los participantes.
- Recomendase os corredores que manden roupa de abrigo nos autobuses para recoller na chegada, xa que debido a altitud sempre pode facer frío.
- Porase a disposición dos corredores para baixar dende a chegada unhos autobuses que fan o percorrido en 45 minutos aproximadamente.
- Os autobuses deixarán os corredores nas piscinas municipais, onde terán a súa disposición duchas.
- A organización resérvase o dereito a realizar as modificacións que considere oportunas.
- A organización declina toda responsabilidade en caso de acidente ou neglixencia.
- Os participantes exoneran a organización de toda responsabilidade en caso de acidente ou de lesión polo feito de inscribirse.
Premios e Agasallos:
- Parador de Santo Estevo
Bono para dúas personas en réxime de aloxamente+almorzo+circuito SPA.
Monasteiro de Santo Estevo, s/n
32162 Nogueira de Ramuín (Luintra)
988 010110 E-mail: recepcion.stoestevo@parador.es - Turini Sport
10 bonos para canxear de 30€
Avda Habana, 34. Ourense
Santo Domingo, 62. Ourense
988 606809 - 12 packs de licor café e bica de Esgos
- Reloxo
Onde durmir: