Concello de Esgos

 GAL  | ES  | EN 
marco

Camiño Real de San Pedro de Rocas (PR GR4)

Descubra o noso Concello disfrutando da natureza ó longo das nosas rutas de sendeirismos e en coche

Camiño Real

A ruta descorre por unha congostrque conserva os seus muros laterais e o empedrado onde se poden ve-las rodeiras dos carros que transitaban antigamente. Este "Camiño Real" constituía un eixe estratéxico como vía de comunicación cara as terras de Aguiar e Ourense.

Destaca-lo peto de Ánimas de Meiroá, pero sobre todo o Mosteiro de San Pedro de Rocas, monumento histórico artístico fundado no año 573. O mosteiro ofrece unhas vistas impresionantes sobre o Pazo de Rocas e un gran monte de coníferas que ascende cara os picos pedregosos que lle dan nome, orixinados pola actuación dos axentes xeológicos sobre iste lugar.
Saimos de Ourense dirección Castro Caldelas - Maceda. situado a 18 Km. atopámonos coa localidade de Esgos. Unha vez no lugar dirixímonos ó centro de saúde, inicio da ruta.



Itinerario

Saimos de Esgos, onde está o centro de saúde, a 500 metros nun cruce de camiños desviámonos ás piscinas da localidade para a 2.3 Km. chegar a Quinta do Monte. Pola estrada de Cernada - Arcos dirixímonos ó Mosteiro de San Pedro de Rocas que data do ano 573, foi un dos primeiros da Rivoyra Sacrata e é moi probablemente o máis antigo conservado de Galicia e de Europa.
En 1923 foi declarado monumento histórico-artístico. Sírvese dun cume como elemento condicionante de toda a sua estructura. Os arredores do mosterio de San pedro de Rocas resultan ideais para a práctica da escalada. Situado a 8.2 km atopámonos con Calsomiro, a escasos 800 m do final da ruta.

Datos

Lonxitude
9 km.
Desnivel
800 mts
Tempo
3 horas
Dificultade
media

Percorrdio

Esgos, Calsomiro, San Pedro de Rocas, Quinta do Monte, Esgos

Financia
Gobierno de España - Ministerio de Industria, Turismo y Comercio
Xunta de Galicia - Presidencia - Secretaria Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica
Unión Europea - Fondo Europeo de Desarrollo Regional

Concello de Esgos Praza da Souteira s/n, 32720 Esgos (Ourense) Telf. 988290000 Fax: 988290006 info@concelloesgos.com

 Mapa Web  -   Aviso legal