Concello de Esgos

 GAL  | ES  | EN 
marco

Ruta dos Muiños

Descubra o noso Concello disfrutando da natureza ó longo das nosas rutas de sendeirismos e en coche

Ruta do río Grañal

Ruta

 

Esta ruta está sinalizada con marcas azuis e brancas e comeza nos muiños de Ponte Pedriña. Podemos chegar ata eles dende As Campinas ou dende Folgoso.

Para comezar dende As Campinas:

Collendo a comarcal OU-536 ao chegar a altura de O Pinto collemos un cruce á dereita dirección ao concello de Paderne de Allariz. Ao pasar As Campinas, no límite de ámbolos concellos atópase o pobo de Riobodas dende o que se accede a zona do río Grañal onde atopamos os muiños de “ponte pedriña”.

Para comezar dende Folgoso:

Collendo pola comarcal OU-536 antes de chegar ao km 13 atopamos un cruce a dereita cara Folgoso. No fondo de pobo, colleremos un cruce á dereita para dirixirnos cara unha granxa de vacas. No primeiro cruce que atopamos á esquerda comeza a ruta.

Unha vez estemos no camiño seguiremos dereito sen coller ningún cruce ata que comezando  a baixar, vexamos os primeiros muiños.

 

Baixaremos ata o río para cruzar a ponte pedriña e ver os 3 muiños.

Se entramos dende  o fondo do pueblo de Riobodas chegaremos

ata este punto baixando unhas escaleiras de madeira.

Para continuar a ruta, volveremos a cruzar a ponte e subir por onde baixamos ata que nos atopemos cun cruce á dereita. Continuamos por este cruce.

 

Veremos o cuarto muiño en Folgoso; cruzamos a ponte e continuamos camiñando agora pola parte dereita do río.

 

O ver o quinto muiño tamén temos que cruzar una ponte, pero para seguir a ruta colleremos o cruce á dereita que está xusto na entrada da ponte.

Seguimos camiñando entre salgueiras á dereita do río, ata chegar ó sexto muiño e ó lavadoiro de Laioso.

Pasamos por debaixo da carretera que vai de O Pinto a Rioseco e chegamos á área recreativa de Laioso, onde podemos ver á esquerda o séptimo muiño.

Seguimos camiñando ata chegar a unha pista asfaltada.

Collemos á dereita e vemos o oitavo muiño, perfectamente restaurado. Saímos da pista asfaltada e volvemos ó camiño de terra collendo á esquerda.

 

Continuando o camiño chegaremos a Tarreirigo e veremos o noveno muiño. Continuaremos o camiño cara o pobo de Lampazas, pero antes atoparemos un desvío ó pobo de Rebordiños. Unha vez en Lampazas continuaremos pola carretera ata a área recreativa de Tarreirigo.

Vea a galería aquí

{#layer.content}

Financia
Gobierno de España - Ministerio de Industria, Turismo y Comercio
Xunta de Galicia - Presidencia - Secretaria Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica
Unión Europea - Fondo Europeo de Desarrollo Regional

Concello de Esgos Praza da Souteira s/n, 32720 Esgos (Ourense) Telf. 988290000 Fax: 988290006 info@concelloesgos.com

 Mapa Web  -   Aviso legal