Concello de Esgos

 GAL  | ES  | EN 
marco

Ruta Ribeira Sacra

Descubra o noso Concello disfrutando da natureza ó longo das nosas rutas de sendeirismos e en coche

Ruta Ribeira Sacra

O termo de Rivoira Sacra mencionábase por primeira vez no documento fundacional da Abadía de Montederramo (1124), en alusión ós cenobios situados no último tramo do río Sil. A denominación foi extendida con posterioridade á Ribera do Miño de similares características. É así coma, neste espacio encontramos con 18 monasterios medievales.

Collendo a C-536 e antes de Esgos, en Tarreirigo atopamos un desvío á esquerda senalizando San Pedro de Rocas (capela excavada na roca). É o santuario eremítico conservado máis antigo de Galicia.

Continuamos o percorrido pola mesma estrada local, pasando por Loña do Monte e chegando a Luíntra, alí podemos facer unha pequena parada para contempra-la Igrexa románica de San Martiño de Nogueira e o monumento adicado ó afilador. Continuamos ata Santo Estevo de Ribas do Sil antigo mosterio benedictino orixinario do século VI. É o máis grande dos mosteiros da Ribeira Sacra, reformado para parador nacional.

Pola mesma estrada dirixímonos a Parada do Sil, non sen antes parar no Mirador de Cabezoas, unha das panorámicas máis impresionantes dos Canóns do Sil. Tamén é posible ó pouco de sair de Santo Estevo, no pobo de Loureiro coller o desvío ó embarcadorio de Santo Estevo onde o catamarán da Ribeira Sacra fai o itinerario polo río Sil.
Xa en Parada del Sil, no comenzo do pobo hai un desvío á esquerda que leva ó mosterio de Santa Cristina de Ribas do Sil. Igrexa do século XII cun interesante rosetón románico. Claustro do século XVI.
En Parada do Sil, podemos ve-lo monumento ó "barquillero", ou coller un camiño que nos leva ós balcóns de Madrid, os miradoiros sen dúbida máis coñecidos.
Dende Parada do Sil, collemos a estrada que nos leva a Vilariño Frío (pobo que conserva unha ponte romana) e despois dun km pola C536, desviámonos hacia a dereita ó pobo de Montederramo onde podemos visita-lo Mosteiro de Santa María de Montederramo. Fundado en 1124 por Doña Teressa de Portugal. No documento fundacional faise a 1ª mención á Rivoira Sacrata.
Dende eiquí voltamos a Ourense, non sen antes visita-la igrexa románica e o mosterio renacentista barroco de Xunqueira de Espadañedo. Outra opción é continua-la nosa ruta ata a vila de Castro Caldelas para coñece-lo seu Castelo e perdernos polas riberas do río e contempralos impresionantes bancales nas ladeiras.

C-536 por OU-536

Santo Estevo de Ribas do Sil por Santo Estevo de Ribas de Sil
Parada do Sil por Parada de Sil
Ribas do Sil por Ribas de Sil
Xunqueira de Espadañedo por Xunqueira de Espadanedo
"ó pouco de sair de Santo Estevo, no pobo de Loureiro" por "ó pouco de
sair de Santo Estevo, en Loureiro"
"desviámonos hacia a dereita ó pobo de Montederramo " por "desviámonos á
dereita a Montederramo"

Voltar ás rutas

Financia
Gobierno de España - Ministerio de Industria, Turismo y Comercio
Xunta de Galicia - Presidencia - Secretaria Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica
Unión Europea - Fondo Europeo de Desarrollo Regional

Concello de Esgos Praza da Souteira s/n, 32720 Esgos (Ourense) Telf. 988290000 Fax: 988290006 info@concelloesgos.com

 Mapa Web  -   Aviso legal  -   Política Cookies