Por Xusticia e por Ourense. A-76. Corredor 3  RECOLLIDA DE FIRMAS ON-LINE 

Unha recollida de firmas online en defensa da A-76 por Trives e Caldelas é a nova iniciativa que se está levando a cabo dende a web da plataforma ourensana. A tua firma é un gran apoio a esta iniciativa en favor das novas e mellores comunicacións para estas comarcas ourensanas. Cantos máis sexamos máis forza social teremos. Xa o sabes, únete á defensa da A-76 por Trives e Caldelas, deixa a tu firma na web da plataforma:

www.autoviaportrives.es

Tamén solicitamos que todos os colectivos, empresas, institucións e particulares que, sendo ou non gallegas dentro do resto de España e no exterior, teñan algún tipo de vinculación ou aprecio pola provincia de Ourense, envien a súas firmas e escritos de apoio á nosa iniciativa.

¡¡ Pásao !!

manifesto da plataforna pro autovía A-76

MANIFESTO

REUNIDOS EN A POBRA DE TRIVES, OS REPRESENTANTES SOCIAIS, CULTURAIS, POLÍTICOS E ECONÓMICOS, DOS CONCELLOS ABAIXO NOMEADOS, DESEXAN FACER PÚBLICO O SEGUINTE MANIFESTO:

REIVINDICAMOS, de xeito inequívoco, a AUTOVÍA A-76, CORREDOR 3, a través da provincia de Ourense, cuxo trazado está definido, nos estudos previos, no contorno da actual OU-536, OU-636 entre A RÚA e OURENSE. Esta autovía supón a vertebración da provincia de Ourense, a través da zona oriental: PORQUE: TECNICAMENTE, consideramos que este trazado ofrece evidentes vantaxes sobre os outros barallados para esta vía, porque ocasionaría un menor impacto ambiental, porque se optimizarían os tempos de percorrido, e porque se abaratarían os custos de execución material na súa construción; tal e como reflicten os informes emitidos por diversas institucións.

Acadaríase unha ordenación territorial en infraestruturas máis xusta, equitativa e homoxénea. SOCIALMENTE, é de urxente necesidade para vertebrar adecuadamente os concellos, polos que transcorre, co resto da provincia de Ourense, co resto de Galicia e co resto de España, rematándose cunha situación de agravio para as nosas terras producida coa supresión da antiga Nacional 120. ECONOMICAMENTE, é imprescindible para acadar o desenvolvemento real dos grandes potenciais dos nosos concellos, e que se conseguiría coa construción dunha vía de alta capacidade como a futura Autovía A-76.

O corredor que reivindicamos, o número tres, que percorre a provincia de Ourense, pasaría ao pé da única estación de esquí de Galicia, que recibe, miles de visitantes de España e Portugal, e que coa súa construción potenciaría o uso deste tramo da autovía A-76. HISTORICAMENTE, o territorio e a propia provincia pola que debe transcorrer esta autovía veñen sendo marxinados dende hai décadas. Non se trata de mendigar nin de ir de vítimas, senón de reclamar o que consideramos xusto para o rexurdir duns pobos condenados a desaparición por falla de infraestruturas.

Por estes motivos, e por que cremos firmemente na necesidade de desenvolver o grande potencial destas terras, faise necesaria máis ca nunca, a unidade de todos os cidadáns e cidadás, institucións e, principalmente, dos políticos que nos representan, para que fagan valer ante quen competa, a necesidade, lexitimidade e xustiza da nosa petición para que a Autovía A-76 discorra polo corredor número tres, pola provincia de Ourense CHEGOU o momento; esta é a oportunidade de que a administración pague esta DÉBEDA HISTÓRICA.

PARA OS CIDADÁNS e CIDADÁS, destes concellos esta é a última posibilidade de supervivencia; se esta demanda non é satisfeita, o impacto económico e social vai ser brutal e a nosa poboación quedará sen expectativas.

O que estamos a pedir é de elemental XUSTIZA SOCIAL.

ASINADO: concellos de O BOLO, CASTRO CALDELAS,CHANDREXA DE QUEIXA LAROUCO,MACEDA,MANZANEDA,MONTEDERRAMO, PARADA DO SIL, PEREIRO DE AGUIAR, POBRA DE TRIVES, A TEIXEIRA, VIANA DO BOLO,VILARIÑO DE COUSO, , SAN XOÁN DE RÍO, BAÑOS DE MOLGAS, XUNQUEIRA DE ESPADANEDO, ESGOS.