RECOGIDA DE FIRMAS ON-LINE
Una recogida de firmas online en defensa de la A-76 por Trives y Caldelas es la nueva iniciativa que se está llevando a cabo desde la web de la plataforma Ourensana.
Tu firma es un gran apoyo a esta iniciativa a favor de las nuevas y mejores comunicaciones para estas comarcas ourensanas.
Cuantos más seamos más fuerza social tendremos.
Ya lo sabes, únete a la defensa de la A-76 por Trives y Caldelas, deja tu firma en la web de la plataforma:
También solicitamos que todas los colectivos, empresas, instituciónes y personas particulares que, siendo o no gallegas dentro del resto de España y en el exterior, tengan algún tipo de vinculación o aprecio por la provincia de Ourense, envien firmas y escritos de apoyo a nuestra iniciativa.
¡¡ Pásalo !!
manifiesto de la plataforna pro autovía A-76
REUNIDOS EN A POBRA DE TRIVES, OS REPRESENTANTES SOCIAIS, CULTURAIS,
POLÍTICOS E ECONÓMICOS, DOS CONCELLOS ABAIXO NOMEADOS, DESEXAN
FACER PÚBLICO O SEGUINTE MANIFESTO:
REIVINDICAMOS, de xeito inequívoco, a AUTOVÍA A-76, CORREDOR 3, a través
da provincia de Ourense, cuxo trazado está definido, nos estudos previos, no
contorno da actual OU-536, OU-636 entre A RÚA e OURENSE.
Esta autovía supón a vertebración da provincia de Ourense, a través da zona
oriental:
PORQUE:
TECNICAMENTE, consideramos que este trazado ofrece evidentes vantaxes sobre
os outros barallados para esta vía, porque ocasionaría un menor impacto
ambiental, porque se optimizarían os tempos de percorrido, e porque se
abaratarían os custos de execución material na súa construción; tal e como reflicten
os informes emitidos por diversas institucións.
Acadaríase unha ordenación
territorial en infraestruturas máis xusta, equitativa e homoxénea.
SOCIALMENTE, é de urxente necesidade para vertebrar adecuadamente os
concellos, polos que transcorre, co resto da provincia de Ourense, co resto de
Galicia e co resto de España, rematándose cunha situación de agravio para as
nosas terras producida coa supresión da antiga Nacional 120.
ECONOMICAMENTE, é imprescindible para acadar o desenvolvemento real dos
grandes potenciais dos nosos concellos, e que se conseguiría coa construción dunha
vía de alta capacidade como a futura Autovía A-76.
O corredor que reivindicamos, o
número tres, que percorre a provincia de Ourense, pasaría ao pé da única estación
de esquí de Galicia, que recibe, miles de visitantes de España e Portugal, e que coa
súa construción potenciaría o uso deste tramo da autovía A-76.
HISTORICAMENTE, o territorio e a propia provincia pola que debe transcorrer
esta autovía veñen sendo marxinados dende hai décadas. Non se trata de mendigar
nin de ir de vítimas, senón de reclamar o que consideramos xusto para o rexurdir
duns pobos condenados a desaparición por falla de infraestruturas.
Por estes motivos, e por que cremos firmemente na necesidade de desenvolver o
grande potencial destas terras, faise necesaria máis ca nunca, a unidade de todos
os cidadáns e cidadás, institucións e, principalmente, dos políticos que nos
representan, para que fagan valer ante quen competa, a necesidade, lexitimidade e
xustiza da nosa petición para que a Autovía A-76 discorra polo corredor número
tres, pola provincia de Ourense
CHEGOU o momento; esta é a oportunidade de que a administración pague esta
DÉBEDA HISTÓRICA.
PARA OS CIDADÁNS e CIDADÁS, destes concellos esta é a última posibilidade de
supervivencia; se esta demanda non é satisfeita, o impacto económico e social vai
ser brutal e a nosa poboación quedará sen expectativas.
O que estamos a pedir é de elemental XUSTIZA SOCIAL.
ASINADO: concellos de O BOLO, CASTRO CALDELAS,CHANDREXA DE QUEIXA
LAROUCO,MACEDA,MANZANEDA,MONTEDERRAMO, PARADA DO SIL, PEREIRO DE
AGUIAR, POBRA DE TRIVES, A TEIXEIRA, VIANA DO BOLO,VILARIÑO DE COUSO, ,
SAN XOÁN DE RÍO, BAÑOS DE MOLGAS, XUNQUEIRA DE ESPADANEDO, ESGOS.