Máis información
A asociación cultural "As laxas" nace en decembro de 1998. O fin co que se forma é de promoción,
formación, integración social e desenvolvemento comunitario da localidad, sin interese lucrativo algún.
Dentro desta asociación atópase a Escola de Gaitas do Concello de Esgos e coma consecuencia desta
escola nace a Banda de Gaitas do Concello de Esgos.
A escola de Gaitas trata de recuperar a tradición musical Galega a través dun grupo de profesores que semanalmente imparten clases de gaita,
pandeireta e percusión a un grupo importante de mozos.
En canto á Banda de Gaitas do Concello de Esgos, leva máis de quince anos difundindo e promocionando a cultura galega tanto a nivel provincial,
autonómico e incluso nacional.
Dende a súa formación as actuacións son innumerables, algunhas das máis destacadas tiveron lugar en Portomarín, Silleda, Monterroso, Madrid, Valladolid, San Sebastián, Portugal,etc.
Na actualidade a Banda de Gaitas atópase na primeira división dentro da Federación Galega de Banda de Gaitas.
|