Programa de Axuda no Fogar
 

   Obxecto:
   O Servicio de Axuda a domicilio está dirixido a toda a poboación, pero ten como prioridade aqueles/as cidadáns que presenten disfuncións ou discapacidades que lles limiten a súa autonomía persoal e a súa capacidade de relación social, e que teñan dificultades para procura-lo seu benestar físico, social e psicolóxico, prestándolles unha serie de atencións ou coidados de carácter persoal, psicosocial e educativo, doméstico e técnico; e proporcionándolles a posibilidade de continuar no seu entorno natural, mentres esto sexa posible e conveniente.

   Prestacións:
    Atencións domésticas, entendendo como tales aquelas actividades e tarefas que se realizan de forma cotiá no fogar relacionadas coa alimentación, roupa, limpeza e mantemento da vivenda.
    Atencións de carácter persoal, que inclúe actividades relativas a facilitar apoio social e afectivo, tales coma compañía, hixiene persoal, acompañamento a xestións en apoio á movilización dentro do fogar.
    Atencións psicosociais e educativas, consistentes no apoio ó desenvolvemento das capacidades persoais, a afectividade, a integración na comunidade, así como apoio á estructuración familiar.
    Atencións de carácter técnico e complementario: refírense ás xestións ou actuacións que podan ser necesarias, ben para o funcionamento do servicio, ben para que continúe en condicións axeitadas, ou para permitir, co apoio de novas tecnoloxías, unha atención inmediata en situacións de crise ou emerxencia, tales como a teleasistencia e outras actuacións encamiñadas á adecuación funcional do fogar.

   Destinatari@s:
    Familias ou persoas que presentan disfuncións que poidan ser susceptibles de mellora cunha axeitada atención a domicilio.
    Persoas maiores, con certo nivel de dependencia, que non teñan a ninguén que os atenda suficientemente e que, con esta axuda, poidan continuar vivindo no seu fogar.
    Persoas con discapacidades ás que a axuda no fogar poida favorece-la súa autonomía.
    Menores ós que haxa que atender por ausencia dos pais ou titores ou cando estes, por motivos suficientemente xustificados, non poidan exerce-las súas funcións.
    Colectivos específicos que presenten situacións de risco e exclusión social.
   En xeral, cando exista unha situación de desatención social ou familiar, avaliada técnicamente, que xustifique a intervención do servicio.

   Persoas que interveñen no SAF:
   Traballador/a social: Intervirá nun primeiro nivel, sendo @ profesional que percibe a demanda, realiza o estudio e valoración da situación presentada, deseña o proxecto de intervención axeitado á mesma e quen ten a responsabilidade do seguimento e avaliación do mesmo Auxiliares de Axuda no Fogar: Nun segundo nivel interveñen os traballadores/as familiares como profesionais que se encargan da execución do proxecto de intervención realizando tarefas de carácter asistencial e educativo en contacto directo co usuario, a súa familia e o entorno.
Voltar ó índice de Asuntos Sociais ^