Programa de Orientación, Asesoramiento e Información
 

     Ten por obxecto informar ós cidadáns sobre os distintos dereitos e recursos en materia de servicios sociais, así como orientar e asesorar ás persoas e grupos afectados por problemáticas específicas, diagnostica-la situación e derivar, se é necesario, os servicios sociais de atención especializada.
   Un apoio importante neste programa é o Sistema de Información de Usuarios de Servicios Sociais (S.I.U.S.S.) que permite ó traballador social a explotación estatística de datos facilitándolle un mellor coñecemento da problemática da súa zona e a elaboración de informes sociais.
   A Lei Orgánica de Regulación do Tratamento Automatizado de dos Datos de Caracter Persoal (5/1992 de 29 de octubre) establece a existencia dunha persoa como responsable da confidencialidade dos datos persoais sobre os que se está a traballar. O traballador social é o profesional axeitado para esta función -xa que é a persoa que fai de porta de entrada ós Servicios Sociais- o que non quere decir que o resto do equipo no deba comparti-la información que proceda en cada caso para garanti-la mellor atención ó usuario.

    Actuacións.

    A información, orientación e asesoramento sobre os dereitos e recursos sociais existentes.
    O estudio, avaliación e diagnóstico das demandas recibidas, así coma a súa derivación ós servicios sociais especializados cando a situación así o requira.

    Destinatarios.

    Individuos, grupos, organizacións.

Voltar ó índice de Asuntos Sociais ^