Programa de Animación, Prevención e Cooperación Social
Obxeto:
Facilita-la participación das persoas en tarefas colectivas
tendentes a que sexa a propia comunidade a que asuma as problemáticas
e busque canles de solución, fomentando a iniciativa social, a solidariedade,
o asociacionismo e o voluntariado.
Actuacións: Apoio
ó desenvolvemento integral comunitario Elaboración
e divulgación de campañas de sensibilización e mentalización social Fomento
do asociacionismo e a participación prestando o oportuno apoio e asesoramento
técnico Promoción
dos grupos de autoaxuda Fomento da solidaridade social Potenciación
das organizacións de voluntariado social
Usuari@s:
Individuos, grupos, organizacións e a comunidade en
xeral.
Proxecto
Vacacións en Paz 2004.
Por primeiro ano o Concello de Esgos colabora coa
Asociación “Solidaridade Galega co pobo Saharaui”, nun proxecto que
ten como obxetivo trasladar a nenos saharauis procedentes dos campamentos
de refuxiados en Tindouf (Argelia) para pasar dous meses de verán acollidos
por familias galegas.
Proxecto
Municipal de Voluntariado.
A Oficina municipal de Voluntariado de Esgos nace
en novembro de 2003 co fin de crear un tecido social solidario, participativo,
sensible coas diferentes necesidades da poboación mediante a colaboración
nas accións e servicios das diferentes concellalías. Dende a súa recente
creación as actividades centráronse no estudio de necesidades e posibles
actuacións a levar a cabo, así como a captación e sensibilización de
voluntarios.
Dentro de este Proxecto podemos distinguir diferentes
programas que se están a levar a cabo:
Programa
de Sensibilización-Formación. Programa
de Voluntariado de Servicios Sociais. Programa
de Voluntariado Cultural. Programa
de Voluntariado Deportivo.