Teleasistencia
 

   O Concello de Esgos, en data de marzo de 1999, formalizou o acordo de adhesión ó Programa Provincial de Teleasistencia domiciliaria, coa existencia previa dun acordo de colaboración entre a Deputación de Ourense, a FEMP e o INSERSO. Polo tanto, o Concello é prestador do Servicio de Teleasistencia a través do convenio que acordou coa Deputación.


   ¿Qué é a TELEASISTENCIA?

   É un servicio social que se presta no domicilio e que ofrece a posibilidade de continuar vivindo neste con tranquilidad e seguridade.
    Ten por obxecto dar unha resposta positiva e inmediata co fin de resolver situacións de necesidade as horas do día, todos os días do ano.


    ¿ Qué se consigue?

   Proporciona-la axuda necesaria no caso de situacións de emerxencia sanitaria, social ou doméstica, sobrevidas no domicilio movilizando os recursos necesarios para solucionarlas.
   Proporcionar seguridade, tranquilidade e apoio ante o temor producido polo aislamento social e sentimento de soidade.
    Evitar ingresos innecesarios en centros, facilitando a permanencia da persoa no seu entorno habitual.


   ¿ Quén pode ser usuario?

   Persoas que viven soas ou gran parte do día ou da noite en soidade:
    Persoas maiores.
    Persoas que padecen algunha enfermidade.
    Persoas que padecen algunha minusvalía.

   Os Servicios Sociais do Concello unha vez recibida a solicitude no servicio son os encargados da elaboración do expediente con toda a documentación necesaria e a valoración social do caso, para a posterior derivación os Servicios Sociais da Deputación, sen prexuíxo da colaboración que se presta coa empresa EUXA que é a concesionaria do servicio.
Voltar ó índice de Asuntos Sociais ^