|
A documentación medieval do mosteiro de Rocas amósanos que actuaba como priorato de Celanova, con autonomía administrativa sobre as posesións entre Esgos e Ourense. Cita numerosas pertenzas en Vilar de Ordelles, bastantes en Esgos, moi poucas en Santa Eulalia e abudantes en Rocas en partes diestrais.
Máis modernamente a configuración viña a establecer tres focos principais de actividade: O Norte baixo Rocas, O do Sur baixo Santa Eulalia e Esgos e a boca da vagoada baixo Vilar de Ordelles. A fixación da capitalidade co paso polo
concello da estrada que sustituiu ó Camiño Real a León fixo de Esgos un centro definitivo.
Dende o seu núcleo con aberto trazado urbano, foi medrando ó longo da estrada C-536.
A xente é activa e apta para o comercio que se exerce en boa escala. Lembremos profesións que tiveron aquí o seu eixo principal como son albardeiro, cordeleiro, sogueiro, afiador, alfareiro, conseguiron convertir a Esgos nun importante punto comercial. A decadencia posterior da feria que se celebraba o día 19 de cada mes, foi mermando esta actividade.
|
En pleno século XX hai que reseñalo
paso do facho olímpico por esta terra, con motivo da Olimpiada "Barcelona
92", o acontecemento tivo lugar o día 4 de Xullo de 1.992,
e moitos veciños achegáronse á C-536 para velo seu paso, Camilo J. Rodríguez
e Manuel Formoso portaron o estandarte.
|
|
En 1.998 é nomeado
fillo predilecto de Esgos o Excmo. Sr. D. José Luís Baltar Pumar, sendo
alcalde do Concello D. Manuel Angel Rodríguez quen agradeceu en nome do
pobo a súa estima por defender inusitadamente os intereses do Concello,
así como a súa predisposición a axudar sempre en todo o que redunde en
beneficio do pobo. |
|