ESCUDO HERÁLDICO DO CONCELO DE ESGOS
|
||||
BANDEIRA DO CONCELLO DE ESGOS
|
||||
|
||||
O
día 11 de Xuño de 1.966 o Diario Oficial de Galicia incluía
no Decreto 228/1996 do 30 de Maio polo que se aprobaba o escudo
heráldico do Concello de Esgos. No seu art. único
dice textualmente: |
||||
"Aproba-lo escudo heráldico do Concello de Esgos (Ourense), que quedará organizado do seguinte xeito: de azur unha cruz patada de ouro; na punta, rocas do mesmo. Ó timbre, coroa real pechada". Para definir un escudo heráldico este breve e preciso texto é máis que suficiente, pero para os non iniciados en heráldica e, sobre todo, na súa peculiar liguaxe, quizás resulte insuficiente e difícil de entender. Non obstante antes convén aclarar que na liguaxe heráldica as cores teñen outras denominacións; así; azur = azul, gules = rojo, sinople = verde e sable = negro. Existen ademais os metais, ouro e prata, que se poden representar como amarelo e branco respectivamente. |
![]() |
|||
Dito isto só nos queda aclarar outros conceptos como, campo ou boca e timbre. Campo, denomínase así á forma do escudo. Timbre, por medio deste grafismo identificase o seu posuidor e catalógase entre a nobreza, a igrexa, as corporacións etc. O timbre máis corrente soe ser o "yelmo" e as coroas. Desta existen moitas formas: real pechada, de duque, de marqués, de conde...Coñecido isto, vamos a facer unha descripción do escudo heráldico de Esgos, que sería: |
||||
"No campo de azur, unha cruz prateada representada sobre unhas rocas, situadas na punta ou parte baixa do escudo, sendo a cruz e as rocas de ouro.Ó timbre, sobre o escudo, unha coroa real pechada con diademas e perlas sobre as mesmas" |
||||
¿Qué significa o escudo e as figuras que nel se representan? A cruz alude ó importante asentamento monástico de San Pedro de Rocas, mentres que as rocas, elemento singular e característico do concello non necesita máis explicación. O timbre, é común a tódolos concellos de España. |
||||
A proposta do escudo coa súa simboloxía e a súa representación gráfica son obra do prestixioso heraldista Eduardo Pardo de Guevara e Valdés. |
||||
| Tomás Vega Pato | ||||
|
||||
|
||||
|
O Concello de Esgos considerou
conveniente organizar correctamente a súa bandeira municipal para
perpetua-la con simboloxía axeitada e conforme ás normas da heráldica,
así no Decreto 369/2003 do 25 de Setembro da Consellería de Xustiza Interior
e Administración Local da Xunta de Galicia en virtude da Comisión Heráldica
da Xunta de Galicia dispón nun Artigo único o seguinte:
|
||||
|
"Aproba-la bandeira do Concello de Esgos (Ourense) organizada da seguinte maneira: Sobre pano azul, a cruz prateada de amarelo franqueada de dúas tiras verticais do mesmo". |
||||
|
||||
|
Santiago de Compostela, a 25 de Setembro de 2.003
|
||||
|
Publicado no D.O.G 13 de Octubre de 2.003
|
||||
|
||||