Calendario de festas

Xaneiro

Febreiro

2 de Febreiro As Candelas. Patroa de Esgos.

Marzo

Abril

Maio

Xuño

29 de Xuño Festa de San Pedro en Folgoso e Gomariz

Xullo

11 de Xullo Festa de San Benito en Quinta do Monte

Agosto

Primeiro Sábado de Agosto Feira Agroalimentaria do Pinto

É unha feira na que se exaltan os productos típicos das hortas do Concello. Tamén hai varios expositores relacionados co mundo do agro (ferreterías, maquinarias, ...) e ademáis as Asociacións Veciñais expoñen os traballos feitos durante todo o ano. Este día o Concello ofrece a tódolos seus veciños e visitantes unha degustación gratuita de Callos. Ademáis contan con carpas para comer Polbo, Churrasco...

 
Primeiro fin de semana de Agosto Festas de San Pedro en Pardeconde
 
5 de Agosto Nª Sª das Neves en Lobaces
 
Agosto Festa do emigrante en Esgos

É o día anterior á celebración das festas de San Vitores (en Esgos). O obxecto desta celebración é dar unha homenaxe a tódalas xentes das terras de Esgos,que por unhas causas ou outras víronse na necesidade de deixar a súa terra e emigrar a outros lugares tanto de España coma do exterior. Durante esta reunión os veciños disfrutan dunha comida típica galega (polbo, empanada, bicas, viño...). Tamén conta coa actuación da banda de gaitas do Concello. Esta festa sempre coincidíu a Xoves, en horario de tarde ( a partires das 20:00 h.).

 
26 de Agosto Festas de San Vitores en Esgos

Comenzan o venres con un concerto Rock ou folk e o sábado, domingo e luns hai festas e verbenas amenizadas por orquestras da zona.

Setembro

Primeiro fin de semana de Setembro Festa de San Cibrao en Meiroas.

Son dous días de festas, sábado e domingo. O venres os veciños deste pobo invitan a unha churrascada a tódolos visitantes.

 
Domingo despois das festas de San Vitores Comida da Santa Bárbara.

Os veciños da parroquia de Santa Eulalia organizan unha comida a base de pulpo, churrasco, e postres.

Outubro

Novembro

11 de Novembro Festa do magosto.

Aínda que o día propio é o 11, normalmente celebrase en fin de semana. Festa típica da provincia de Ourense. Participan tódolos veciños co desexen. Festa organizada polo Concello. O producto típico desta festa é a Castaña. Prepáranse castañas asadas para tódolos veciños, ademáis de chourizos asados, churrasco, bica, viños e licor café.

Decembro