Hidrografía
 
   A orografía só permite a existencia de regatos que constitúen a cabeceira esquerda do río Loña, afluente do Miño en Ourense. Na cima do seu curso nace o regato de O Porto que atravesa Lobaces e Gomariz.
hidrografia

   O colector dos demáis é O Grañal que verte no curso medio do Loña. Outros regatos transcorren por Feirobal, Salgueiro, Corgo e Purgazal. Ó tramo de Salgueiro engádeselle pola súa esquerda o regato de Pazos que cruza o pobo de Esgos.
   Nos pobos de Laioso e As Campiñas atopámonos con diversidade de muíños situados nos cursos de auga e conservados a día de hoxe, que constitúen a admiración de moitos visitantes debido a súa idiosincrasia particular. Forman todos eles o que poderíamos denominar, "Ruta dos Muíños".

   Finalmente tampouco podemos esquecelas augas potables presentes neste concello, que se manifestan en diversidade de fontes, todas elas procedentes da montaña.
hidrografia