|
||||
|
Nunha estreita
zona de prados inicial a partir do Alto do Couso, determinada polos
montes de Paradela, Melón, Castelo e Falván, atópase o Concello
de Esgos, un val regado por sete regatos, de pequeno curso, que baixan
dos montes e se xuntan nun común, o río Esgos que lle da nome e verdor. |
|
|||
Esgos, nunha lingua moi antiga, quizáis
preindoeuropea, declina en “Regueiro” (regato), Torrente e aparece citado
por primeira vez nos documentos de San Pedro de Rocas, así en 1007 e 1175
atopámonos con “rivulo Alesgos”, en 1227, “Aesgus” en 1299 río de Esgos,etc.
Alesgos é unha repetición, xa que al- (cf ríos Aleste, Aliste, etc) alternate
de Ar- (ría de Ares, río Arenteiro) ou mesmo con Ul- ( río Ulla) teñen
o valor da auga, corrente de auga ou torrente, entón en “Alesgos” temos
un “río- río”, o que leva a chamarlle Eskos. As formas medievais do río
e lugar son Alesgos (1007) e Eysgos (1290), chegando a esquecerse co paso
do tempo o primeiro compoñente, quedando definitivamente Esgos do latín
Eskos, nome que levaban implícito as dúas feligresías existentes no lugar,
Santa María de Esgos e Santa Olaia de Esgos.
|
||||
En canto á toponimia do lugar, atopámonos
cos pobos de Melón (arriba e abaixo) no cumio do monte, que significa “monte,
rocha grande” mentres que outros reflicten a hidrografía do lugar, comezando
por Regueiro (forma latina tardía, rigariu, reko) que declina en corrente
que vai por un suco.
|
|
|||
Feirobal ou Foirobal, nome empregado
nas batidas de lobos tan frecuentes no século XIX (foxo era un pozo de
forma cúbica excavado na terra = val) disimulado con polas, para enganar
á "Fiera" a caer, de ahi "Feira atraida por val". Outros hidrónomos moito
máis antigos son A Lama, A Meiroá que son voces ilirias moi presentes
no Noroeste peninsular, que declinan en "terreo húmido, barro". |
||||
Na oronimia atopámonos con Cachamuiña,
que parte de "Casa de illa muiña" ou "casa da muiña" lugar de muiños. Polo
Sur,atopámonos co monte Halván (Falván) e o pobo de Laioso (Lagenoso)
lugar que transcorre ó pé do citado monte, que declina en "sitio de pedras,
de laxes".
|
|
|||
No ano 1153, atopámonos no Mosteiro
de Rocas con "Parata Zore vel Parata Comitis" (Parada do Conde, hoxe chamada
Pardeconde. Hai nomes en Esgos que se refiren directamente ós posuidores
do lugar, así Guimarás que nas escrituras aparece como Guimaranes, e antigamente
"Vimaranis ou Villa Vimaranis" trátase dun lugar onde había unha granxa.,
Calsomiro en 1423 aparece coma "Calsumillo" comezou sendo casa de "illo
Miro" nome latino de home, Rebolar é "lugar abundante en Rebolo" (carballo
pequeno), Tarreirigo é outro derivado de "Terra, terreiro"(terra, espacio
para o recreo) co sufixo -icu engadido posteriormente,Soutelo, diminutivo
de "souto" era un bosque de castiñeiros, Rocas, nada ten que ver coas rocas
de fiar, senón cos grandes penedos inxentes que se levantan no monte
e que foron perforados para levantala Igrexa de San Pedro de Rocas nunha
paisaxe sobrecolledora, onde os eremitas ou anacoretas vivían sementando
o pan, coidando ó gando, tecendo a súa roupa e fabricando
os seus queixos. Os estudios anteriores van a encamiñar a nosa visita
por este municipio, guiando a nosa curiosidade e atopando resposta a moitas
das dúbidas que se nos plantexen ó divisar lugar tan peculiar.
|
||||