Campanario
 
   O campanario foi, é e seguramente será o símbolo deste monasterio. Trátase dunha espadaña bastante corrente en Galicia, pero presenta unha peculiaridade que a fai diferente, a súa ubicación, xa que se atópa sobre un monolito de roca natural de gran altura. Na pedra tallouse unha especie de arco baixo o cal pasa o camiño.
   Para chegar as campás accédese por unha escaleira apoiada na parede norte da igrexa, unida a ésta por un peñasco que serve de base á espadaña a través duns tirantes de perpiaño.
   Ten dous arcos para dúas campás que se localizan hoxe en día na Igrexa de Quinta do Monte, e remata nun triángulo no cal o vértice superior ten unha cruz sinxela e nos extremos dúas bolas.
 
 voltar ó plano