|
||||
|
Está situado semiadosado ó lado norte da
Iglexa, rodeado dun muro de pedra cunha porta de ferro a modo de verxa
de dúas follas, mediante a que se accede a través dunhas escalinatas,
tamén de pedra, ó recinto. É de pranta case cadrada e ten ó frente unha
roca labrada con hornacinas sen coñecer o seu significado.
|
|
|||
|
Á esquerda presenta seis nichos dispostos por parellas en tres alturas (as tumbas foron profanadas). Dúas tapas de sepulcros sen inscripción algunha aparecen no solo, sendo probable que baixo o pavimento do recinto haxa moitos máis sepulcros, futuras catas arqueolóxicas poden desvelarnos este interrogante.
|
||||
voltar
ó plano |
||||