|
San Pedro de Rocas como vimos
cando repasamos a súa historia, sufriu un novo incendio na época
do Pai Cueva alá polo ano 1641. Posiblemente foi cando desapareceu
o antigo mosteiro.Faise necesaria a construcción dunha nova casa
para vivi-los monxes, a Casa Prioral. Toda esta nave transversal estaba
encalada dende media altura ata o teito e tiña sobre a súa
entrada un coro superior de madeira a modo de balcón con balaustres
torneados que se destruen no ano 1936 pero podemos ver na roca e nas paredes
os buratos dos seus anclaxes.
|
|