Igrexa
 
   É a parte máis importante do conxunto arquitectónico e sorde a partires das covas que se erixiron en cabeceira da igrexa. Foi conformada como tal entre os séculos XII e XIII, dotándose as naves dunha fachada por medio de arcos engadidos en dous dos accesos á mesma.
A cova que se atopa a dereita da central, ten unha portada diferente, podendo ser este o motivo polo que se considerou que esta cova foi engadida despois.
   O que está claro é que hoxe as tres capelas excavadas na roca, mostran unha unidade que da coma resultado tres naves, unha central máis ancha e larga, e outras dúas laterais máis curtas.
 
Capela central
 
   Das tres capelas, é a que presenta un altar máis alto. Isto non estaba visible antes das excavacións que evidenciaron a existencia de catro peldańos para alcanzar o ábside que fixo as veces de altar. Foi tamén a raíz levanta o pavimento cando quedaron á vista dous escalóns a modo de zócalo por todo o recinto que sinalaban o antigo nivel.
   O ábside desta nave, é hoxe semicircular con bóveda de cuarto de esfera. No arranque da bóveda e a modo de imposta ten unha tosca moldura. Existen ademáis buratos que poderíamos por en relación con outras estructuras rupestres peninsulares. As súas medidas son de 11,20 x 5,40 m. Ós dous lados do mesmo hai unha especie de hornacinas excavadas na roca que rematan nun arco de medio punto. A nave está cuberta por unha bóveda de canón que foi reforzada cun arco do século XVI. Ó retiralo pavimento apareceron catro tumbas sen contorno humano e unha antropomorfa que se atopou sellada. O altar tiña un retablo modesto dun so corpo adicado a un santo que non se distingue ben, pero podería ser San Benito.
 
 voltar ó plano