|
||||
|
Está á dereita da central e mide 4,95 x 4,40 m.O seu ábside é semicircular igualmente ás outras cunha moldura a modo de imposta dende onde parte unha especie de bóveda de cuarto de cañón. A nave está cuberta de medio cañón e na parede lateral ten un sepulcro baixo un arco (tal vez podería ser o de Gemodous). |
|
|||
Na parede que queda baixo este arco e sobre o sepulcro realizouse; entre os anos 1175 y 1200 unha pintura mural sen precedentes en Galicia, que ten a peculiaridade de se-lo único mapamundi mural que ata agora se coñece en época románica. |
|
|||
voltar ó plano |
||||