Capela esquerda
 
Está á esquerda da central e ten unhas medidas de 5 x 3,40 m. Presenta igualmente un ábside de dimensións máis reducidas e menor profundidade, cunha cúpula a modo de cuarto de esfera levemente esbozada que se separa da parte inferior por medio dunha moldura simulando unha línea de imposta. A nave está cuberta de bóveda de medio cañón, presentando na parede da esquerda un arco excavado directamente na roca enmarcado por unha sinxela moldura labrada na propia piedra. Estivo dedicada no século XVIII a San Antonio Abad.
 
 voltar ó plano