 |
Mosteiro de San Pedro de Rocas |
 |
|
| |
|
Situado a 17 Km. de Ourense pola
estrada C-536, chégase ó Mosteiro tomando un desvío
á esquerda entre os pobos de Esgos e O Pinto.
Pertence este Mosteiro ó Concello de Esgos, terra
de anacoretas e eremitas en épocas pasadas e posteriormente, de
cordeleiros, albardeiros, peneireiros, afiadores, alfareiros e agricultores.
|
 |
|
A paisaxe coa que nos atopamos
ó acceder ó Mosteiro é sobrecolledora, árbores
que se espesan para dar a benvida, rocas salpicadas no monte que antaño
acolleron inmensidade de segredos conseguindo cautivar a aqueles monxes
e invitándolles a construir aquí a súa morada. |
 |
En plena ruta da Ribeira Sacra,
San pedro de Rocas destaca pola súa singularidade, pero inda sen
estar ós pes do río Sil , chama o recollemento e á
soidade transportándonos a tempos pasados.
Ler máis
Como moitos outros,
San Pedro de Rocas basa a súa orixe nunha lenda, pero cunha testemuña
que amosa testimonio epigráfico, é a chamada Lápida
fundacional conservada actualmente no Museo Arqueolóxico Provincial
de Ourense, que nos desvela co seu estilo de letra decorativo que estamos
ante un monumento de alto medieval.
Nela podemos ler:
HEREDITAS:N EVFRAXI:EVSANI: QVINEDI:EATI:FLAVI: RVVE:ERA.dªCXªI:

A inscripción reflicte uns nomes de persoas,
todas elas varóns herdeiros de "algo" en San Pedro
de Rocas no ano 573, equivalente á data 611. A pesar de que a lápida
chámase fundacional a palabra "hereditas" alude a algo
que se recibiu en herdanza e os personaxes que aparecen nomeados na mesma
non foron os seus fundadores senón os seus herdeiros.
Como vemos, o conxunto naceu nunha época anterior
ó século VI, sen que poidamos afirmar exactamente unha data
concreta. Xurde nunha paisaxe rodeada de "eremitas" que chegan
ata o Río Sil configurando o que se coñece como Ribeira
Sacra.
É probabel que o lugar sofrise un deixamento
no século VIII coa presencia islámica na nosa terra, xa
que os mouros chegaron a Ourense ó redor do ano 716, sometendo
ó edificio a un período escuro ata o século IX cando
Alfonso el Magno repobou a cidade e os seus arredores.. |
| |
¿Cómo chegar?
Plano do Mosteiro
|
| |