Casa prioral
 
   Ó iniciar o noso percorrido, o primeiro que nos atopamos é o que se coñece como Casa Prioral .Accedese a ela por unha porta situada ó lado Oeste do edificio. A súa construcción pode ser de finais do século XVII, probablemente sobre o lugar que nuha época anterior ocupou o primitivo mosteiro. A súa construcción débese á destrucción que sofriu o mosteiro debido a os múltiples incendios que asolagaron o lugar.Utilizáronse para a súa construcción pedras da vella edificación, así vemos no seu interior pedras reaproveitadas como son os arranques das columnas xeminadas ou un crismón na que foi a caixa da escaleira que acreditaría a unión entre Rocas e Celanova.
   É unha construcción granítica de forma case cadrangular son sillería lisa, presentando saientes a modo de balcóns angulares nas súas esquiñas dianteiras.
   O balcón ten barandillas de ferro e está apoiado en ménsuas típicas do barroco en Galicia. Conta tamén cunha gran chimenea para poder encender un gran fogo e atenua-las crudas condicións climáticas do inverno neste lugar.
   As xanelas son abocinadas e nos muros laterais non gardan unha composición de cara ó exterior xa que o seu tamaño varía dunhas a outras e foron engadidas nos años 50 ó 60 do século XX ó igual que a techumbre a porta de acceso.
 
 voltar ó plano