|
01/09/2008 - Curso de atención a persoas dependentes
|
O concello de Esgos convoca prazas para a participación nun curso de formacion confinanciado polo Fondo Social Europeo e polo Servizo Galego de Igualdade.
Este curso está dirixido a mulleres con residencia en Galicia, maiores de idade ou emancipadas. Terán preferencia as mulleres que sufran situacións de violencia de xénero ou de exclusión social ou que teñan responsabilidades familiares compartidas, así como as que desexen incorporarse á vida laboral despois dunha interrupción causada polo dificultade de compaginar a súa vida laboral e familiar.
Necesario graduado escolar ou equivalente.
|
| |
|
20/08/2008 - Xoves 21 de agosto: Festa do emigrante
|
O xoves 21, ás 20.00 horas celebrarase un ano máis a "Festa do emigrante", que contará coa actuación da charanga "Amigos da banda de música de Celanova" e co espectáculo de batuka e capoeira da "Escola de samba Zumbón".
Os asistentes, dende fai máis de 15 anos acuden á praza da Souteira para comprar o pulpo e o concello pon de forma gratuita as bebidas e o pan.
Ó remate, terá lugar a "3ª Festa do arroz con leite" na que se repartirán máis de 500 racións deste doce.
|
| |
|
23/07/2008 - I ENCONTRO COS VECIÑOS DE ESGOS EMIGRADOS
|
O vindeir Domingo 27 de Xullo, a partir das 7 da tarde, terá lugar este acto de homenaxe e recoñecemento ós veciños do Concello de Esgos que saíron a gañar a vida fora da nosa terra. O acto está organizado polo Concello de Esgos e contará no seu programa de actos cun saúdo inicial do Alcalde, actuación da Banda de Gaitas do Concello de Esgos e sorteo de regalos.
|
| |
|
14/07/2008 - POR FIN COMEZA A CHEGAR ADSL A ESGOS
|
TRALAS XESTIÓNS REALIZADAS POLO CONCELLO DE ESGOS ALGUNHOS NUCLEOS DO NOSO MUNICIPIO DISPORÁN EN BREVE DA LIÑÁ DE ALTA VELOCIDADE (ADSL) DE INTERNET.NO MES DE AGOSTO PODERÁ CONTRATARSE ESTE SERVICO.
O CONCELLO CONTINUARÁ RECLAMANDO NA XUNTA E TELEFÓNICA PARA QUE ESTE SISTEMA CHEGUÉ A TÓDOLOS POBOS DO CONCELLO.
|
| |
|
03/07/2008 - Concurso fotográfico
|
Dende hoxe 3 de xulio de 2008 e ata o 5 de setembro de 2008 podedes participar na segunda edición do concurso fotográfico do verán do Concello de Esgos. As fotos presentadas exporanse na piscina municipal.
Recordade, duas fotos por persona.
Sorte a tod@s
|
| |
|
03/07/2008 - Cursos de natación
|
O 14 de xullo daran comezo os cursos de natación. Impartiraos en horario de mañá a socorrista e serán gratuitos para todos os veciños do Concello de Esgos.
|
| |
|
05/06/2008 - As piscinas municipais do Concello de Esgos abren as súas portas
|
Un ano máis, coa chegada do bo tempo, o día 14 de Xuño de 2008 abriránse as portas das piscinas municipaies do Concello de Esgos en horario de 12h a 21h.
|
| |
|