Oficios tradicionais e ambulantes >Afiadores
 

   Existiu en Galicia un oficio propio da terra, un oficio típico que nos identificou en moitos lugares do mundo. Decimos "existiu", porque a tecnoloxía tamén chegou a él e na actualidade a forma de traballar dos poucos que o exercen, non ten moito que ver coa forma e os métodos cos que se traballaba ata non hai moitos anos. Estamos falando dos afiadores e paragüeiros.

   Os afiadores coa súa roda e o seu inconfundible chifro ían de cidade en cidade por toda España e Portugal, inda que en calquer país do mundo ó que chegara un galego era moi probable atopar un afiador e quedan mostras de recoñecemento nos lugares máis dispares, coma o Museo Lermitage de Leningrado, que conserva unha pintura do Ourensano Antonio Puga que representa un afiador traballando cunha roda de afiar rudimentaria.
   Era un oficio cunha procedencia moi localizada, case todos eran naturais da provincia de Ourense, das terras de Pereiro de Aguiar, Nogueira de Ramuín, Esgos e Castro Caldelas, algún tamén podíase atopar de Pontecaldelas na provincia de Pontevedra.
    Adicábanse a afiar coitelos, arreglar paraugas e outros aparellos que a xente lles levaba cando escoitaban a súa inconfundible chamada. Traballaban na rúa, pois con eles levaban todo o preciso para traballar.
   Facían unha vida nómada, percorrendo mundo trala súa roda montada sobre unha estructura de madeira, o seu aparello de traballo, que posteriormente foi adaptada a unha bicicleta e incluso a algunha motocicleta.
   É de destacar que para falar entre eles empregaban unha curiosa xerga chamada "Barallete", unha linguaxe parte inventada por eles, parte tomado doutras linguas, cun vocabulario de casi 900 voces o que a converte na xerga gremial máis rica das que se coñecen en España.
 
Voltar a Oficios tradicionais e ambulantes