|
||||
|
Comentado por Juan Pulgar Fernández Según Xoaquín
Lorenzo, "a terra propia dos peneireiros é Esgos" na
provincia de Ourense. O mesmo que outras profesións ambulantes,
cada unha tiña a súa propia zona de traballo para evita-la
competencia. En zonas de Galicia, Asturias, o Bierzo e Castela, aparecía
esta profesión mesturada coa de afiador.
Comezaban a súa labor en Febreiro ata Nadal, o resto de meses pasábanos nos seus fogares preparando os aparellos de labranza e a mercadoria para campaña seguinte. Vendíase o seu traballo polos pobos, casa por casa. Nos campos e nas feiras fixas a competencia era máis grande, pois cada un trataba de face-lo seu propio negocio, ás veces ata se tiraban os prezos con tal de vender. |
||||
|
Para construir unha peneira, necesitábase: -O aro de madeira. |
|
|||
A peneira
ou cedazo, era o utensilio empregado para separa-lo salvado da fariña,
consta de un aro de madeira e unha tea tecida de diversos materiais
pechada pola súa parte de abaixo. A madeira empregada para o
aro era de piñeiro, e a súa construcción comezábase centrando
a madeira do tamaño desexado para clava-la ( unha vez conseguida
a forma circular) polas beiras. Por debaixo ponse o coiro, o alambre,
o aramio ou a tea. |
||||
| Voltar a Oficios tradicionais e ambulantes | ||||