|
||||
O eixe da configuración vertical é unha ancha vagoada entre as cotas 480 e 580 metros dende a marxe Oeste vai estreitándose hacia Esgos e representa un tercio da superficie. Polo Noroeste exténdense os derrames de Cabeza de Meda nada visible dende a parte cha cunhas elevacións máis sobresaientes entre os 1.147 e 1.128 metros lindando con Nogueira.
|
|
|||
|
Dentro deste ángulo a altitude descende ata os 800 metros nos que comezan os cultivos e os pobos. Corta a vagoada polo Leste a falda de Os Chairos de 793 metros, a parte central está constituida por alturas que non forman alineacións existindo un principio de agrupación nos montes de Rocas que se ven culminados en Outeiro de Arcos (893 metros) e en O Castelo (721 metros).
O acusado perfil de O Castelo domina o horizonte do lugar de Esgos ó Noroeste, o lado Sur da vagoada de montañas máis tendidas e desgastadas é o declive dos montes de Eirado ou Eirasvedras e a intersección dos tres Concellos de Esgos, Paderne e Maceda está na falda de O Birbiza de 790 metros. |
||||
Característico da orografía da zona Centro-Norte a afloración de penedos aguzados co nome xenérico de rocas.
Ó Oeste un dos cotos naturais máis fermosos é o de Rocas, un dos principais compoñentes son O Barbeirón 700 metros que na súa falda occidental presta asento ó Mosteiro. No Sureste atópase O alto do Couso de 710 metros. |
|
|||
Ver o mapa de relevo de Galicia.
|
||||