Rutas de sendeirismo > Camiño Real
 
   A ruta descorre por unha congostra que conserva os seus muros laterais e o empedrado onde se poden ve-las rodeiras dos carros que transitaban antigamente. Este "Camiño Real" constituía un eixe estratéxico como vía de comunicación cara as terras de Aguiar e Ourense.
   Destaca-lo peto de Ánimas de Meiroá , pero sobre todo o Mosteiro de San Pedro de Rocas, monumento histórico artístico fundado no año 573. O mosteiro ofrece unhas vistas impresionantes sobre o Pazo de Rocas e un gran monte de coníferas que ascende cara os picos pedregosos que lle dan nome, orixinados pola actuación dos axentes xeológicos sobre iste lugar.
   Saimos de Ourense dirección Castro Caldelas - Maceda. situado a 18 Km. atopámonos coa localidade de Esgos. Unha vez no lugar dirixímonos ó centro de saúde, inicio da ruta.


    Descarga o folleto das Rutas

    Máis información