|
||||
O termo de Rivoira
Sacra mencionábase por primeira vez no documento fundacional
da Abadía de Montederramo (1124), en alusión ós cenobios
situados no último tramo do río Sil. A denominación
foi extendida con posterioridade á Ribera do Miño de similares
características. É así coma, neste espacio encontramos
con 18 monasterios medievales.
Collendo a C-536 e antes de Esgos, en Tarreirigo atopamos un desvío á esquerda senalizando San Pedro de Rocas (capela excavada na roca). É o santuario eremítico conservado máis antigo de Galicia. |
||||
|
||||
Continuamos o percorrido pola mesma
estrada local, pasando por Loña do Monte e chegando a Luíntra, alí podemos
facer unha pequena parada para contempra-la Igrexa románica de San Martiño
de Nogueira e o monumento adicado ó afilador. Continuamos ata Santo
Estevo de Ribas do Sil antigo mosterio benedictino orixinario do século
VI. É o máis grande dos mosteiros da Ribeira Sacra, reformado para
parador nacional.
Pola mesma estrada dirixímonos a Parada do Sil, non sen antes parar no Mirador de Cabezoas, unha das panorámicas máis impresionantes dos Canóns do Sil. Tamén é posible ó pouco de sair de Santo Estevo, no pobo de Loureiro coller o desvío ó embarcadorio de Santo Estevo onde o catamarán da Ribeira Sacra fai o itinerario polo río Sil. Xa en Parada del Sil, no comenzo do pobo hai un desvío á esquerda que leva ó mosterio de Santa Cristina de Ribas do Sil. Igrexa do século XII cun interesante rosetón románico. Claustro do século XVI. En Parada do Sil, podemos ve-lo monumento ó "barquillero", ou coller un camiño que nos leva ós balcóns de Madrid, os miradoiros sen dúbida máis coñecidos. Dende Parada do Sil, collemos a estrada que nos leva a Vilariño Frío (pobo que conserva unha ponte romana) e despois dun km pola C536, desviámonos hacia a dereita ó pobo de Montederramo onde podemos visita-lo Mosteiro de Santa María de Montederramo. Fundado en 1124 por Doña Teressa de Portugal. No documento fundacional faise a 1ª mención á Rivoira Sacrata. Dende eiquí voltamos a Ourense, non sen antes visita-la igrexa románica e o mosterio renacentista barroco de Xunqueira de Espadañedo. Outra opción é continua-la nosa ruta ata a vila de Castro Caldelas para coñece-lo seu Castelo e perdernos polas riberas do río e contempralos impresionantes bancales nas ladeiras. |
||||
| Voltar ás rutas | ||||