Concello de Esgos

 GAL  | ES  | EN 
marco

Historia

Nunha estreita zona de prados inicial a partir do Alto do Couso, determinada polos montes de Paradela, Melón, Castelo e Falván, atópase o Concello de Esgos

Un paseo pola historia de Esgos

Nunha estreita zona de prados inicial a partir do Alto do Couso, determinada polos montes de Paradela, Melón, Castelo e Falván, atópase o Concello de Esgos, un val regado por sete regatos, de pequeno curso, que baixan dos montes e se xuntan nun común, o río Esgos que lle da nome e verdor.

Esgos, nunha lingua moi antiga, quizáis preindoeuropea, declina en “Regueiro” (regato), Torrente e aparece citado por primeira vez nos documentos de San Pedro de Rocas, así en 1007 e 1175 atopámonos con “rivulo Alesgos”, en 1227, “Aesgus” en 1299 río de Esgos,etc.

Alesgos é unha repetición, xa que al- (cf ríos Aleste, Aliste, etc) alternate de Ar- (ría de Ares, río Arenteiro) ou mesmo con Ul- ( río Ulla) teñen o valor da auga, corrente de auga ou torrente, entón en “Alesgos” temos un “río- río”, o que leva a chamarlle Eskos. As formas medievais do río e lugar son Alesgos (1007) e Eysgos (1290), chegando a esquecerse co paso do tempo o primeiro compoñente, quedando definitivamente Esgos do latín Eskos, nome que levaban implícito as dúas feligresías existentes no lugar, Santa María de Esgos e Santa Olaia de Esgos.

En canto á toponimia do lugar, atopámonos cos pobos de Melón (arriba e abaixo) no cumio do monte, que significa “monte, rocha grande” mentres que outros reflicten a hidrografía do lugar, comezando por Regueiro (forma latina tardía, rigariu, reko) que declina en corrente que vai por un suco.

 

Feirobal ou Foirobal, nome empregado nas batidas de lobos tan frecuentes no século XIX (foxo era un pozo de forma cúbica excavado na terra = val) disimulado con polas, para enganar á "Fiera" a caer, de ahi "Feira atraida por val". Outros hidrónomos moito máis antigos son A Lama, A Meiroá que son voces ilirias moi presentes no Noroeste peninsular, que declinan en "terreo húmido, barro".

Na oronimia atopámonos con Cachamuiña, que parte de "Casa de illa muiña" ou "casa da muiña" lugar de muiños. Polo Sur,atopámonos co monte Halván (Falván) e o pobo de Laioso (Lagenoso) lugar que transcorre ó pé do citado monte, que declina en "sitio de pedras, de laxes".

No ano 1153, atopámonos no Mosteiro de Rocas con "Parata Zore vel Parata Comitis" (Parada do Conde, hoxe chamada Pardeconde. Hai nomes en Esgos que se refiren directamente ós posuidores do lugar, así Guimarás que nas escrituras aparece como Guimaranes, e antigamente "Vimaranis ou Villa Vimaranis" trátase dun lugar onde había unha granxa. Calsomiro en 1423 aparece coma "Calsumillo" comezou sendo casa de "illo Miro" nome latino de home, Rebolar é "lugar abundante en Rebolo" (carballo pequeno), Tarreirigo é outro derivado de "Terra, terreiro"(terr espacio para o recreo) co sufixo -icu engadido posteriormente,Soutelo, diminutivo de "souto" era un bosque de castiñeiros, Rocas, nada ten que ver coas rocas de fiar, senón cos grandes penedos inxentes que se levantan no monte e que foron perforados para levantala Igrexa de San Pedro de Rocas nunha paisaxe sobrecolledora, onde os eremitas ou anacoretas vivían sementando o pan, coidando ó gando, tecendo a súa roupa e fabricando os seus queixos. Os estudios anteriores van a encamiñar a nosa visita por este municipio, guiando a nosa curiosidade e atopando resposta a moitas das dúbidas que se nos plantexen ó divisar lugar tan peculiar.


Historia cronolóxica de Esgos

A documentación medieval do mosteiro de Rocas amósanos que actuaba como priorato de Celanova, con autonomía administrativa sobre as posesións entre Esgos e Ourense. Cita numerosas pertenzas en Vilar de Ordelles, bastantes en Esgos, moi poucas en Santa Eulalia e abudantes en Rocas en partes diestrais. Parada Justel

Máis modernamente a configuración viña a establecer tres focos principais de actividade: O Norte baixo Rocas, O do Sur baixo Santa Eulalia e Esgos e a boca da vagoada baixo Vilar de Ordelles. A fixación da capitalidade co paso polo concello da estrada que sustituiu ó Camiño Real a León fixo de Esgos un centro definitivo. Dende o seu núcleo con aberto trazado urbano, foi medrando ó longo da estrada C-536.

A xente é activa e apta para o comercio que se exerce en boa escala. Lembremos profesións que tiveron aquí o seu eixo principal como son albardeiro, cordeleiro, sogueiro, afiador, alfareiro, conseguiron convertir a Esgos nun importante punto comercial. A decadencia posterior da feria que se celebraba o día 19 de cada mes, foi mermando esta actividade.

En Esgos tamén naceu o pintor Parada Justel, o día 11 de Marzo de 1871.

 

 

 

Olimpiadas

 

En pleno século XX hai que reseñalo paso do facho olímpico por esta terra, con motivo da Olimpiada "Barcelona 92", o acontecemento tivo lugar o día 4 de Xullo de 1992, e moitos veciños achegáronse á C-536 para velo seu paso, Camilo J. Rodríguez e Manuel Formoso portaron o estandarte.

 

 

 

 

Olimpiadas

 

 

En 1998 é nomeado fillo predilecto de Esgos o Excmo. Sr. D. José Luís Baltar Pumar, sendo alcalde do Concello D. Manuel Angel Rodríguez quen agradeceu en nome do pobo a súa estima por defender inusitadamente os intereses do Concello, así como a súa predisposición a axudar sempre en todo o que redunde en beneficio do pobo.

Financia
Gobierno de España - Ministerio de Industria, Turismo y Comercio
Xunta de Galicia - Presidencia - Secretaria Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica
Unión Europea - Fondo Europeo de Desarrollo Regional

Concello de Esgos Praza da Souteira s/n, 32720 Esgos (Ourense) Telf. 988290000 Fax: 988290006 info@concelloesgos.com

 Mapa Web  -   Aviso legal