Concello de Esgos

 GAL  | ES  | EN 
marco

Parada Justel

Ramón Parada Justel foi un pintor que naceu en Esgos o día 11 de Marzo de 1871, fillo de D.Césareo Parada e de Petra Justel

Parada Justel

Ramón Parada Justel naceu en Esgos o día 11 de Marzo de 1871, fillo de D.Césareo Parada e de Petra Justel. Esgos era no último tercio do século XIX un lugar apacible e tranquilo, coas casas situadas a ámbolos lados da rúa principal -nunha delas nacerá Ramón-, nunha típica aldea de "calle" onde non existía aínda a estrada Ourense – Ponferrada. As familias eran numerosas naquela época, e nenos de tódalas idades e condicións percorrían o pobo, xogando na Souteira.

A paisaxe que rodea Esgos, dura e agreste, quedaría impresa na retina do neno, ávido de saber, que iba medrando sen más complicacións que as derivadas da escola, parte desas vivencias plasmaraas nas súas paisaxes adicadas a súa terra natal case impresionistas. Os 10 anos, seu pai por motivos de traballo múdase á capital onde Ramón queda impresionado.
Comeza os seus estudios medios nun centro sito no seminario conciliar. Non era moi espilido nas asignaturas principais ó igual que outros mestres da pintura comeza a despertar o seu gusto polo debuxo.

Seus pais pretenden orientalo a unha carreira de ben (Arquitectura), debido a que D.Césareo opina que a pintura é un oficio de vagamundos e bohemios, así a todo Ramón viaxa a Madrid en Setembro de 1888 aprobando co número un. Durante seis anos, recibe unha ensinanza moi clásica pero Parada Justel non ten problema, os seus paseos por Madrid (Museo do Prado, Retiro) xunto a súa paixón pola música fan que vaia adquirindo unha grande cultura e experiencia para vivencias futuras.

As súas vacacións pasaas en Ourense e en Esgos, nunha deses viaxes convence a seus pais para que posasen para él e retrátaos seguindo o modelo utilizado por Vicente López, de medio corpo, amosando gran preocupación polas zonas de luz e sombra.

Cando remata os seus estudios na Academia de Bellas Artes volta a Ourense, e solicita á Deputación unha bolsa para continuar os seus estudios en Roma onde se codea co escultor Benllirey e os pintores Villegas e Pradilla complementando a súa formación, sentindo grande admiración por Miguel Ángel expresada no "desnudo da campesina" e na obra "Otra Helena pompeyana".

Ó rematar a súa bolsa regresa a España. Parada ten que adaptarse á nova temática de moda e recrea obras como "La urraca" pero como na Corte é difícil abrirse camiño pensa voltar a Roma e presenta dous exercicios "La adoración de los reyes magos" e "La familia del anarquista el día de su ejecución" pero a obra non foi premiada. A partires desto síntese afectado e pensa en adicarse a outra actividade pero sobreponse e consegue crear a súa mellor obra "El recuerdo de las joyas" un ano antes da súa morte o 13 de maio de 1902.

hidrografia

Entre algunhas das suas obras atopamos:

Financia
Gobierno de España - Ministerio de Industria, Turismo y Comercio
Xunta de Galicia - Presidencia - Secretaria Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica
Unión Europea - Fondo Europeo de Desarrollo Regional

Concello de Esgos Praza da Souteira s/n, 32720 Esgos (Ourense) Telf. 988290000 Fax: 988290006 info@concelloesgos.com

 Mapa Web  -   Aviso legal