Concello de Esgos

 GAL  | ES  | EN 
marco

Banda de Gaitas

A escola de gaitas do Concello de Esgos inicia a súa andadura no ano 1993. Despois de oito meses de labor infatigable forma con esforzo a Banda de Gaitas do Concello de Esgos con 27 compoñentes, os cales fan a súa presentación oficial nas festas de Vilar de Ordelles así como tamén asistindo o 10 de decembro de 1993 a toma de posesión do presidente da Xunta de Galicia.

Denominación:
Banda de Gaitas "Concello de Esgos"
Dirección:
Centro Cultural do Pinto - O Pinto, 32720 - Esgos (Ourense)
Teléfonos:
988 290 000 – 619 360 061
Directores:
Beatriz González e Manuel Gil
Ano de creación:
1993
Número de compoñentes:
30

A escola de gaitas do Concello de Esgos inicia a súa andadura no ano 1993. Despois de oito meses de labor infatigable forma con esforzo a Banda de Gaitas do Concello de Esgos con 27 compoñentes, os cales fan a súa presentación oficial nas festas de Vilar de Ordelles así como tamén asistindo o 10 de decembro de 1993 a toma de posesión do presidente da Xunta de Galicia.

Nese mesmo mes, a banda afianza a súa fudación participando por primeira vez nos campionatos da LL.GG.BB.GG.

No ano 1995,a banda é seleccionada para o primeiro Certamen Galego de Bandas e Grupos de Gaitas,patrocinado pola Consellería de Cultura e transmitido pola TVG.

En abril de 1996,pola ubicación da Banda de Gaitas de Esgos dentro da Ribeira Sacra, grava un CD en colaboración coas demais bandas da zona, co fin de potenciar a cultura da Ribeira Sacra ourensá.

Algunhas das actuacións máis relevantes ó longo destes 16 anos de traxectoria son: Zurich, Madrid, Centro Galego de Elgoibar, Ermua, Alcalá de Henares, Colmenar del Arroyo, Val de Morillos, Badajoz, Mondariz, Porriño, Lalín, Baiona, Eibar, Aveiro, Norte de Portugal, Santa Cruz de Tenerife, Francia, etc.

Tamén son de destacar as actuacións realizadas en diferentes feiras e exposicións como Expourense, ou a feira de mostras de Valladolid, así como tamén en programas de televisión tanto nacionais como internacionais.

Na actualidade a Banda de Gaitas do Concello de Esgos milita no segundo grao da Liga Ibérica de BB.GG.

 

Banda de Gaitas Concello de Esgos

Banda de Gaitas Concello de Esgos Banda de Gaitas Concello de Esgos Banda de Gaitas Concello de Esgos Banda de Gaitas Concello de Esgos

 

Colabora

Financia
Gobierno de España - Ministerio de Industria, Turismo y Comercio
Xunta de Galicia - Presidencia - Secretaria Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica
Unión Europea - Fondo Europeo de Desarrollo Regional

Concello de Esgos Praza da Souteira s/n, 32720 Esgos (Ourense) Telf. 988290000 Fax: 988290006 info@concelloesgos.com

 Mapa Web  -   Aviso legal