ANO 2007 · ANO 2008 · ANO 2009 · ANO 2010 · ANO 2011· ANO 2012 · ANO 2013 · ANO 2014
Andaina Popular e Carreira do Campionato Galego de Montaña - Esgos 2007
Descarga os resultados da carreira:
Resultados (necesario OpenOffice ou MS Excel)
Galería de imaxes:
- Data:
- Domingo 3 de XUÑO de 2007
- Organiza:
- Concello de Esgos e Asociación Cultural "As Laxas"
- Provincia:
- Ourense
Nome das Probas:
- Carreira de montaña: "1ª Subida Rocas - O Eirado"
- Carreira Atlética: Campionato Galego de Montaña
- Andaina: 1ª Andaina Popular Concello de Esgos
Saída:
Praza da Souteira. Esgos (diante a casa do Concello). A andaina sairá unha hora antes da carreira. Os horarios están pendentes de confimación por parte da federación.
Lugares de Paso:
- Peto das ánimas
- Mosteiro de San Pedro de Rocas
- Pobo de Arcos
- Camiños da Ruta "Camiño Real"
- "Camiño natural da Ribeira Sacra"
Chegadas:
- Carreira Atlética: Ermita da Virxe da Virxe do Monte
- Andaina: Piscinas municipais do Concello de Esgos
Distancia:
- Carreira Atlética: 11,5 Km.
- Andaina: 20 Km.
Inscripcións:
Próximamente estará a disposición de todos nesta web unha folla de inscripción. Tamén se poderá facer a inscripción nas oficinas do Concello de Esgos, e nunha tenda de deportes de Ourense.
Os participantes na carreira de montaña deberán estar en posesión da licencia federativa. Tamén se poderá tramitar a LICENCIA por un día.
Percorrido da Carreira:
- Saída da Casa do Concello de Esgos
- Subida ás piscinas, descenso ó pobo de Meiroá e Calsomiro (pola ruta de sendeirismo "Camiño Real". Homologada PR-G4)
- Subida ata o peto das ánimas; tramo de descenso e novo ascenso ata o Mosteiro de San Pedro de Rocas (S. VI)
- Subida ata a estrada asfaltada (zona de avituallamento)
- Tramo de 200m. pola estrada de asfalto e novo camiño que nos leva ó pobo de Arcos
- Saida de Arcos en dirección a Gomariz pola estrada asfaltada
- No primeiro desvío á dereita (a 300 metros do pobo) dirección á virxe do monte (polos camiños da ruta "Camiño Natural da Ribeira Sacra")
- A proba finalizará na ermita da Virxe do Monte
Desniveis Eirado
Subida Eirado
Percorrido da Andaina:
Ata a VIRXE DO MONTE o percorrido é o mesmo para as dúas probas. A Andaina fará o percorrido de volta ata Esgos baixando por: Xaravedra, Pensos, Fondodevila, Casanova, Melón Baixo, Melón Alto rematandoo nas piscinas municipais, completando así unha distancia aproximada de 20 Km.
Detalles da Organización das Probas:
- A organización disporá de ambulancia(s) e un médico
- Haberá trofeo para os tres primeiros clasificados no cómputo absoluto
- Haberá trofeo para os tres primeiros clasificados de cada unha das categorías (Junior, Senior, Vet-A, Vet-B)
- Entre as zonas de saída do Camiño Real e a estrada asfaltada (zona de arcos) haberá un avituallamento de auga
- Ó remate da proba atlética (Ermita da Virxe do Monte) a organización servirá un aperitivo a base de tortillas, fiambres, empanada, e bica da zona ademáis de bebidas. Neste punto os camiñantes da andaina poden facer un descanso, comer algo e repor forzas.
- A organización levará a cabo as xestións para conseguir patrocinios das Administracións Públicas (Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia, Deputación de Ourense, etc...) e de firmas comerciais privadas (bares e negocios da zona, entidades bancarias, empresas de enerxía eólica)
- Unha moto tipo "trial" abrirá o percorrido diante dos participantes.
- Todo o percorrido está delimitado por cintas e vallas. En cruces e saídas á estrada estrán colocadas persoas voluntarias para colaborar cos participantes
- Nas saídas ás estradas con circulación de tráfico (escasos 500m. en tres zonas) este estará cortado ou limitada por vallas a zona de paso dos participantes
- A organización suministrará dorsais a todos os participantes e imperdibles para a colocación nas camisetas
- Un autobús estará a disposición de todos os participantes para baixar dende a Virxe do Monte ata as piscinas de municipais do Concello de Esgos, onde os participantes disporán de duchas. Dito autobús fará o percorrido cada media hora dende a chegada dos primeiros clasificados
- Os participante recibirán como agasallo unha camiseta de recordo que será donada por algún dos patrocinadores.
- Habilitarase unha zona de acampada nas piscinas minicipais
- Facilitaranse os teléfonos do albergue municipal, hostal Alto do Couso, e hostal Os Caracoles.
Imaxes de Percorrido
