ANO 2007 · ANO 2008 · ANO 2009 · ANO 2010 · ANO 2011· ANO 2012 · ANO 2013
3ª Subida Rocas – O Eirado / 3ª Andaina Popular Concello de Esgos
O día 12 de Xullo tivo lugar a 3ª Carreira de montaña Subida Rocas - O Eirado e a 3ª Andaina popular Concello de Esgos. Xa tes dispoñibles (de forma provisional) os resultados da carreira:
Resultados definitivos e Oficiais do Cpto. Galego Montaña-3ª Subida Esgos O Eirado
3ª Andaina Popular. Esgos 2009 / 3ª Subida Rocas - O Eirado
- Data:
- Domingo 12 de Xullo de 2009
- Organiza:
- Concello de Esgos e Asociación de Veciños de Lobaces
- Provincia:
- Ourense
Nome das Probas:
- Carreira de montaña: "3ª Subida Rocas - O Eirado"
- Carreira: Campionato Galego de Montaña
- Andaina: 3ª Andaina Popular Concello de Esgos
Saída:
Praza da Souteira. Esgos (diante a casa do Concello).
- As 08.30 comezarase a repartir os dorsais
- Andaina: 09.30
- Carreira: 09.45
Chegadas:
- Carreira: O Eirado
- Andaina: Esgos
Distancia:
- Carreira: 13 Km.
- Andaina: 21 Km.
Percorrido da Andaina:
- Este ano a andaina discorrerá en sentido contrario a carreira
- Sairemos da Praza da Souteira [582m.] (fronte a casa do concello) e dirixirase ao pobo de As Meiroás.Avituallamente líquido
- Iremos cara o pobo de Pardeconde. Avituallamente líquido
- De Pardeconde subiremos a Virxe do Monte[962m.](punto máis alto da andaina). Avituallamente líquido e sólido
- Baixaremos a Esgos polo mesmo percorrido por onde subiu a carreira, pasando polos pobos: Arcos, Mosteiro de San Pedro de Rocas e a Meiroá.
Percorrido da Carreira:
- Saída da Casa do Concello de Esgos [582m.]
- Subida ás piscinas, descenso ó pobo de Meiroá e Calsomiro (pola ruta de sendeirismo "Camiño Real". Homologada PR-G4)
- Subida ata o Peto das Ánimas; tramo de descenso e de novo ascenso ata o Mosteiro de San Pedro de Rocas. Avituallamente líquido
- Subida ata a estrada asfaltada
- Tramo de 200m. pola estrada de asfalto e novo camiño que nos leva ó pobo de Arcos. Avituallamente líquido
- Saida de Arcos en dirección a Gomariz pola estrada asfaltada
- No primeiro desvío á dereita (a 300 metros do pobo) polos camiños da ruta "Camiño Natural da Ribeira Sacra" dirección Virxe do Monte [962m.] Avituallamente líquido
- A proba finalizará no Eirado. Avituallamente líquido e sólido.
A Andaina en Google Earth:
Xa está dispoñible o ficheiro KML para ver o percorrido da andaina con Google Earth. Podes baixalo aquí
fileadmin/user_upload/andaina/3andaina/andaina2009.kml
Inscricións:
- Campionato Galego de Montaña (só federados)
Poden facer a inscrición na páxina web da federación galega de atletismo: www.fgatletismo.es - Carreira e Andaina Popular
No fax: 988290006
Tienda de deportes "Red 1"
Rúa da Sainza, 18.
Ourense
Teléfono: 988 23 70 19
Cubrindo o seguinte formulario.
Formulario de Inscrición:
A inscrición a través da web rematou. Se queres participar tanto na Andaina coma na Carreira podes facelo o mesmo día das probas (o Domingo 12 de Xullo de 2009) entre as 08.30 e as 09.30 horas.
Detalles da Organización das Probas:
- A data límite de inscrición será ata o mércores 8 de xullo (Tamén se poderá inscribir o memo día das probas, sempre que haxa dorsais)
- A organización disporá de ambulancia(s) e un médico
- Haberá trofeo para os tres primeiros clasificados no cómputo absoluto
- Haberá trofeo para os tres primeiros clasificados de cada unha das categorías ( Junior, Senior, Vet-A, Vet-B)
- Haberá varios puntos de avituallamento de auga
- Ó remate da carreira (no Eirado) haberá un avituallamento de bebidas e froitas.
- Unha moto tipo "trial" abrirá o percorrido diante dos participantes.
- Todo o percorrido está delimitado por cintas e vallas. En cruces e saídas á estrada estrán colocadas persoas voluntarias para colaborar cos participantes
- Nas saídas ás estradas con circulación de tráfico (escasos 500m. en tres zonas) este estará cortado ou limitada por vallas a zona de paso dos participantes
- A organización suministrará dorsais a todos os participantes e imperdibles para a colocación nas camisetas
- Un autobús estará a disposición de todos os participantes para baixar dende a Virxe do Monte ata as piscinas municipais do Concello de Esgos, onde os participantes disporán de duchas. Dito autobús fará o percorrido cada media hora dende a chegada dos primeiros clasificados
- Os participante recibirán como agasallo unha camiseta de recordo
- Habilitarase unha zona de acampada nas piscinas minicipais
- Ó remate das probas haberá uns aperitivos para todos os asistentes
- As piscinas minicipais estarán abertas a disposición dos participantes e familiares
- A organización resérvase o dereito a realizar as modificacións que considere oportunas.
- A organización declina toda responsabilidade en caso de acidente ou neglixencia.
- Os participantes exoneran a organización de toda responsabilidade en caso de acidente ou de lesión polo feito de inscribirse.
Premios e Agasallos:
Ó remate das porbas sortearanse entre todos os participantes:
- Gabinite de Seguros ToTo
Sorteo de 10 bonos descuento de 75€ no seguro do coche.
Avda Zamora, 149 - Baixo. Ourense
988 607908/12 - Parador de Santo Estevo
2 bonos para dúas persoas en réxime de aloxamento + almorzo + circuito SPA. - Red 1
3 bonos de 60 € para canxear na tenda de deportes
Rúa da Sainza, 18. Ourense
988 237 019 - Casa do Capador
Sorteo de una noche para dos personas en la casa de turismo rural "Casa do Capador"
Tlfno: 988 268 455 | Móvil: 690 683 389
Correo electrónico: turismorural@casadocapador.com - Viaxes Willy Fogg
Sorteo dunha noite de hotel para duas persoas.
Calle Tomás Mosquera, 30
32500 O Carballiño
Ourense.
Tlf: 655896218 - 988530256 - Destilerías Xestal
Sorteo de 10 packs compostos por: Un estuche cunha botella de licor e una de crema de augardente
Calle Muñoz Calero, 16
32400. Rivadavia
Ourense.
Panadería Agustín Unha bica de Esgos da Panadería Agustín
Onde durmir:
Onde comer:
- Restaurante Casa Sacra
Tlf.: 988290425 - Restaurante Alto do Couso
Tlf.: 988463636
Imaxes do Percorrido:
3ª Andaina Popular e 3ª Subida Rocas - O Eirado - ESGOS 2009