Concello de Esgos

 GAL  | ES  | EN 
marco

Telecentro - Biblioteca

Acercando o coñecemento e as novas tecnoloxías a tódolos veciños...

Biblioteca

Na biblioteca pódese atopar gran variedade de libros, revistas, música, películas... que se poden consultar en sala ou levalos en préstamo.
A biblioteca do concello forma parte da "Rede Meiga" e o catálogo de libros pode consultarse a través de internet.

Web: http://www.opacmeiga.rbgalicia.org/Biblioteca.aspx?CodigoBiblioteca=OBM021

Correo: esgos@rbgalicia.org

As persoas interesadas poden solicitar máis información no Concello ou no Telecentro.

Telecentro

O telecentro e a biblioteca comparten espacio na planta baixa do edificio do concello.

Enténdese por telecentro unha sala na que podemos atopar ordenadores con conexión a internet, impresora, escáner... que se poden usar libre e gratuitamente dentro do horario de apertura ó público. Tamén dispomos dunha rede Wi-Fi para os que prefiren usar os seus portátiles.

Para acerca-las novas tecnoloxías a tódo-los veciños no telecentro seguimos impartindo cursos gratuitos de iniciación a informática e internet dirixidos a persoas de tódaslas idades, sen necesidade de coñecementos previos.

Web: esgostelecentro.blogspot.com

 

Correo: esgostelecentro@gmail.com

Financia
Gobierno de España - Ministerio de Industria, Turismo y Comercio
Xunta de Galicia - Presidencia - Secretaria Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica
Unión Europea - Fondo Europeo de Desarrollo Regional

Concello de Esgos Praza da Souteira s/n, 32720 Esgos (Ourense) Telf. 988290000 Fax: 988290006 info@concelloesgos.com

 Mapa Web  -   Aviso legal