Concello de Esgos

 GAL  | ES  | EN 
marco

Taxas

Obtén toda a información sobre outorgamento de licenzas e expedición de Documentos.

Modificación da taxa pola venda ambulante e a sua ordenanza reguladora.


https://bop.depourense.es/portal/descargarPdf.do?numBoletin=31&fecha=20130206

 

Taxa por abastecemento de auga a domicilio e a sua ordenanza fiscal reguladora.


https://bop.depourense.es/portal/descargarPdf.do?numBoletin=31&fecha=20130206

 

Modificación da Ordenanza. Reguladora da Taxa pola Prestación dos Servizos da Piscina Municipal


https://bop.depourense.es/portal/descargarPdf.do?numBoletin=31&fecha=20130206

 

Ordenanza Reguladora da taxa por outorgamento de licenzas urbanísticas:

 

Tarifas:

1.- Licenzas de obras maiores: 2,5% da base impoñible.

2.- Licenzas de obras menores:  2,5% da base impoñible.

3.- Licenzas de actividade: 100,00 €

4.- Cambios de titularidade de licenzas: 60,00 €

5.- Licenzas de segregación: 100,00 €/unidade

6.- Agrupación de parcelas: 12,00 €

7.- Clasificación urbanística de predios: 20,00 € por predio solicitado

8.- Condicións de edificación: 20,00 €

9.- Certificados de antigüidade: 50,00 €

10.- Outros certificados urbanísticos: 20,00 €

A cota tributaria incrementarase cos gastos ocasionados pola publicación da exposición ó público do expediente, cando esta sexa preceptiva en virtude de norma legal ou egulamentaria aplicable, en diarios oficiais ou xornais, que serán por conta do suxeito pasivo.

 

Pódese consultar o texto completo en: https://bop.depourense.es/portal/descargarPdf.do?numBoletin=44&fecha=20120223

 

Ordenanza Fiscal Reguladora da taxa pola Expedición de Documentos Administrativos

 

A taxa á que se refire esta ordenanza fiscal rexerase polas seguintes tarifas:

Epígrafe primeiro: censos de poboación de habitantes

1.- Certificacións de empadroamento e veciñanza: 1 €

2.- Informes de convivencia e residencia: 1 €

3.- Certificación de padrón histórico (anterior a 1996): 5 €

4.- Outras certificacións ou informes non comprendidos en apartados anteriores: 5 €

Epígrafe segundo: certificacións e consultas

1. - Certificación de acordos municipais: 5 €

2.- Certificación de acordos municipais anteriores a 2005: 10 €

3.- Compulsa de documentos, por páxina: 1 €

4.- Informe de exención do imposto de vehículos de tracción mecánica de vehículos agrícolas: 5 €

5.- Certificacións de prazas de taxi: 5 €

6.- Outras certificacións ou informes non comprendidos en apartados anteriores: 5 €

Epígrafe terceiro: documentos expedidos polas oficinas municipais

1.- Informes testificais: 1 €

2.- Tarxetas de licenza de tenza animais potencialmente perigosos: 10 €

3.- Fotocopias de planos: 10 €

4.- Reprodución de documentos en CD: 2 €

5.- Outras certificacións non comprendidas en apartados anteriores: 10 €

Epígrafe cuarto: outros expedientes ou documentos administrativos

1.- Por cada solicitude de certificación catastral sobre relación de bens do interesado non se aplica a taxa, en consecuencia é gratis.

2.- Por cada certificación catastral descritiva e gráfica, con ou sen lindeiros: 5 €/por cada unha.

A taxa será liquidada no momento en que se reciba a solicitude e será condición previa para a tramitación, expedición do documento ou para efectua-la súa retirada.

Estas tarifas incrementaránse nun 50% cando os interesados solicitasen con carácter urxente a tramitación dos expedientes.

 

Financia
Gobierno de España - Ministerio de Industria, Turismo y Comercio
Xunta de Galicia - Presidencia - Secretaria Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica
Unión Europea - Fondo Europeo de Desarrollo Regional

Concello de Esgos Praza da Souteira s/n, 32720 Esgos (Ourense) Telf. 988290000 Fax: 988290006 info@concelloesgos.com

 Mapa Web  -   Aviso legal