Concello de Esgos

 GAL  | ES  | EN 
marco

Ano 2013

A Andaina Popular do Concello de Esgos goza dunha gran tradición e popularidade que fai que con cada nova edición aumente o número de participantes

ANO 2007 · ANO 2008 · ANO 2009 · ANO 2010 · ANO 2011· ANO 2012 · ANO 2013 · ANO 2014

VII Andaina popular e Subida Rocas - O Eirado

Google Earth. Percorrido da andaina.

O día 9 de Xuño terá lugar a VII Carreira de montaña Subida Rocas - O Eirado e a VII Andaina
Concello de Esgos.

Fotos:

Resultados

Data:

Domingo 9 de Xuño de 2013

Organiza:

Concello de Esgos e Asociación de Veciños de Lobaces

Provincia:

Ourense

Nome das Probas:


  • Carreira de montaña: "VII Subida Rocas - O Eirado"
  • Carreira: Campionato Galego de Montaña
  • Andaina: VII Andaina Popular Concello de Esgos
  •  

Saída:

 

Praza da Souteira. Esgos (diante a casa do Concello).

 

  • As 08.30 comezarase a repartir os dorsais
  • Andaina: 09.30
  • Carreira: 10.30

 

Chegadas:


  • Carreira: O Eirado
  • Andaina: Esgos

 

Distancia:

 

  • Carreira: 13 Km.
  • Andaina: 20 Km.

 

Percorrido da Andaina:

  • Sairemos da praza da Souteira (582 m) fronte a casa do Concello

  • Diriximonos hacia a Meiroá, pasaremos polo Mosteiro de San Pedro de Rocas e subiremos hacia Os Arcos. De alí iremos ata Os Pensos pasando polos pobos de Melón Alto e Melón Baixo, Reboral, Fondo de Vila e Casanova. Baixaremos despois ata Esgos por As Guimarás.

Percorrido da Carreira:

  • Saída da Casa do Concello de Esgos [582m.]
  • Subida ás piscinas, descenso ó pobo de Meiroá e Calsomiro (pola ruta de sendeirismo "Camiño Real". Homologada PR-G4)
  • Subida ata o Peto das Ánimas; tramo de descenso e de novo ascenso ata o Mosteiro de San Pedro de Rocas. Avituallamente líquido
  • Subida ata a estrada asfaltada
  • Tramo de 200m. pola estrada de asfalto e novo camiño que nos leva ó pobo de Arcos.Avituallamente líquido
  • Saida de Arcos en dirección a Gomariz pola estrada asfaltada
  • No primeiro desvío á dereita (a 300 metros do pobo) polos camiños da ruta "Camiño Natural da Ribeira Sacra" dirección Virxe do Monte [962m.] Avituallamente líquido
  • A proba finalizará no Eirado (1160m). Avituallamente líquido e sólido.

 


Xa está dispoñible o ficheiro KML para ver o percorrido da andaina con Google Earth. Clica na seguinte imaxe para descargalo.

Inscricións:

Cuota 8€

  • Andaina e Carreira Popular
    Pago na conta do Concello de Esgos especificando nome e apelidos e proba na que se inscribe. 
    Nº Conta NovaGaliciaBanco: 2080 5300 76 3110003418. Os que non sexan clientes de Novagalicia Banco, para non pagar a comisión bancaria de 3€ deben facer o ingreso da seguinte maneira:
    *Ordenante: Concello de Esgos * Concepto: Nome e apelidos


    Unha vez feito o ingreso deberán remitir o xustificante do ingreso xunto cos datos persoais e a proba na que se inscriben (Andaina ou Carreira) o: 
    • Fax do Concello: 988290006
    • E-mail: info@concelloesgos.com

    Ou entregar o xustificante cos datos persoais e a proba na que se inscriben (Andaina ou Carreira) en: 
    • Turini Sport. 
      Avda Habana, 34 - Ourense
      Santo Domingo, 62 - Ourense
    • Coolsport - Santo Domingo, 41 (Galerias Viacambre) - Ourense

    Os participantes na carreira deberan indicar a data de nacemento.

  • Campionato Galego de Montaña (só federados)
    Poderán facer a inscrición na páxina web da federación galega de atletismo: www.fgatletismo.es

 

Os federados que queiran ter opción a Premio de 500€, os sorteos, a camiseta e a comida deben facer o ingreso dos 8€.

Data límite inscrición: 6 de Xuño

 

Detalles da Organización das Probas:

  • Haberá avituallamentos líquidos e solidos no percorrido das probas.
  • Disporase de ambulancia(s) e un médico
  • O remate das probas haberá comida para todo-los participantes.
  • Haberá varios sorteos o remate da comida.
  • Entrega de trofeos e premios os tres primeiros clasificados de cada unha das categorías ( Junior, Senior, Vet-A, Vet-B)
  • Todo o percorrido estará señalizado con cintas e vallas.
  • Os cruces e saidas a estrada estarán controlados pola organización.
  • Unha moto de Trial abrirá a carreira.
  • Os andaríns deberán facilitar o paso dos corredores.
  • Suministrarase dorsais a todo-los participantes.
  • Recomendase os corredores que manden roupa de abrigo nos autobuses para recoller na chegada, xa que debido a altitud sempre pode facer frío.
  • Porase a disposición dos corredores para baixar dende a chegada unhos autobuses que fan o percorrido en 45 minutos aproximadamente.
  • Os autobuses deixarán os corredores nas piscinas municipais, onde terán a súa disposición duchas.
  • A organización resérvase o dereito a realizar as modificacións que considere oportunas.
  • A organización declina toda responsabilidade en caso de acidente ou neglixencia.
  • Os participantes exoneran a organización de toda responsabilidade en caso de acidente ou de lesión polo feito de inscribirse.

 

Premios e Agasallos:

  1. Parador de Santo Estevo
    Bono para dúas personas en réxime de aloxamente+almorzo+circuito SPA.
    Monasteiro de Santo Estevo, s/n
    32162 Nogueira de Ramuín (Luintra)
    988 010110 E-mail: recepcion.stoestevo@parador.es
  2. Turini Sport
    10 bonos para canxear de 30€
    Avda Habana, 34. Ourense
    Santo Domingo, 62. Ourense
    988 606809
  3. 12 packs de licor café e bica de Esgos
  4. Reloxo

Onde durmir:


Financia
Gobierno de España - Ministerio de Industria, Turismo y Comercio
Xunta de Galicia - Presidencia - Secretaria Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica
Unión Europea - Fondo Europeo de Desarrollo Regional

Concello de Esgos Praza da Souteira s/n, 32720 Esgos (Ourense) Telf. 988290000 Fax: 988290006 info@concelloesgos.com

 Mapa Web  -   Aviso legal