Concello de Esgos

 GAL  | ES  | EN 
marco

Axenda

[13.12.13] Actividades Nadal 2013

Concerto de Nadal

O domingo 22 ás 18:00 horas actuarán no Centro Cultural Parada Justel a Coral Camerata Auriense e a escola

de gaita e a Banda de gaitas do Concello de Esgos

 

XIV Concurso de postais

Valorarase a orixinalidade e poderase empregar todo tipo de materiais. Todos os participantes terán un agasallo.

O prazo para presentar as postais  remata o 2 de xaneiro.

 

Manualidades do Nadal

O luns 23 de decembro no local social de Esgos ás 17:30 horas.

 

Pazolandia

Venres 27 de decembro pola mañá

Imprescindible anotarse no concello ou na biblioteca antes do 24 de decembro. Esta actividade é gratuita para os nenos empadronados e ten un custe de 3€ para os non empadronados

 

Cine infantil

O luns 30 de decembro no Centro Cultural Parada Justel ás 17:30 horas.

 

Visita dos Reis Magos

Sábado 4 de xaneiro ás 16.30 horas no centro cultural Parada Justel, os Reis Magos entregarán os premios do XIV Concurso de Postais


Financia
Gobierno de España - Ministerio de Industria, Turismo y Comercio
Xunta de Galicia - Presidencia - Secretaria Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica
Unión Europea - Fondo Europeo de Desarrollo Regional

Concello de Esgos Praza da Souteira s/n, 32720 Esgos (Ourense) Telf. 988290000 Fax: 988290006 info@concelloesgos.com

 Mapa Web  -   Aviso legal