Concello de Esgos

 GAL  | ES  | EN 
marco

Axenda

[24.06.19] CAMPAMENTO DE VERÁN 2019:



DESTINATARIOS:
Nenos e nenas que cursen estudos en centros de educación infantil e
primaria, nados entre o 2007 e o 2015 empadroados neste concello ou que
residan no mesmo durante o verán.

HORARIO:
- Campamento de verán: de luns a venres non festivos de 10:30 a 13:30 h

DATAS:
- Quincena do 1 ao 12 de xullo
- Quincena do 15 ao 26 de xullo
- Quincena do 29 de xullo ao 9 de agosto
- Quincena do 12 ao 23 de agosto

Os solicitantes deberán escoller entre as catro quincenas propostas,
indicando a orde de preferencia.
Concederánse máis de dúas quincenas sempre que haxa dispoñibilidade.

PRAZO DE SOLICITUDE:
Entre o 20 e o 25 de xuño de 2019
Os solicitantes terán que cubrir a folla de solicitude que se facilitará
nas oficinas municipais e entregala no Rexistro Xeral do Concello.
As admisións realizaranse por rigorosa orde de entrada no Rexistro
municipal, ata cubrir as prazas dispoñibles.
A partir do 26 de xuño publicarase no taboleiro de anuncios do concello a
lista de admitidos e excluidos

PREZOS:
Nenos e nenas empadroados no Concello de Esgos: 10€ por quincena
Os nenos e nenas residentes no Concello de Esgos durante o verán: 20€ por
quincena.

PAGAMENTO:
Entre o 26 e o 28 de xuño ábrese un periodo de pagamento no que os
admitidos deberán proceder ao pago na conta bancaria municipal de ABANCA
ES18 2080 5300 7631 1000 3418 (concepto: VERAN e o nome e apelidos do
neno/a solicitante) e entregar o xustificante de pagamento nas oficinas
municipais.
Será motivo de exclusión non entregar a documentación requerida e non
realizar o pagamento das cotas establecidas nos prazos sinalados


Financia
Gobierno de España - Ministerio de Industria, Turismo y Comercio
Xunta de Galicia - Presidencia - Secretaria Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica
Unión Europea - Fondo Europeo de Desarrollo Regional

Concello de Esgos Praza da Souteira s/n, 32720 Esgos (Ourense) Telf. 988290000 Fax: 988290006 info@concelloesgos.com

 Mapa Web  -   Aviso legal  -   Política Cookies 
Depfporn.com (depfile.com) - Download Free Porn from Depfile