Concello de Esgos

 GAL  | ES  | EN 
marco

Axenda

[30.03.20] Medidas a tomar los velatorios (COVID-19)

Como consecuencia da evolución da epidemia do coronavirus COVI-19, no DOGA
do 26/03/2020 publícanse as medidas a adoptar nos velatorios e tanatorios,
con independencia de cal sexa a causa do falecemento:
-Non asistirán ao dó as persoas que presenten síntomas respiratorios de
calquera clase
- É necesario lavar as mans con auga e xabón ou con solución desinfectante
previamente ao acceso ás instalacións funerarias, así como despois de usar
o libro de pésame e os servizos ou baños.
- Evitarase en todo momento a confluencia de máis de 8 persoas por cada
sala, respetando unha distancia mínima de 2 metros entre cada unha.
- Evitarase a manifestación de condolencias a familiares a través de
abrazos, bicos e aperta de mans.
- As comitivas de acompañamento para a inhumación ou despedida
restrinxiranse aos achegados e familiares máis próximos, quedarán reducidas
a un máximo de 20 persoas, gardando entre os asistentes a distancia de 2
metros.


Financia
Gobierno de España - Ministerio de Industria, Turismo y Comercio
Xunta de Galicia - Presidencia - Secretaria Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica
Unión Europea - Fondo Europeo de Desarrollo Regional

Concello de Esgos Praza da Souteira s/n, 32720 Esgos (Ourense) Telf. 988290000 Fax: 988290006 info@concelloesgos.com

 Mapa Web  -   Aviso legal  -   Política Cookies