Concello de Esgos

 GAL  | ES  | EN 
marco

Axenda

[26.06.20] Apertura das piscinas municipais.

Comunícase que as piscinas municipais estarán abertas a partir do 3 de
xullo, en horario de 14:00 a 21:00 horas.
Dada a nova situación sanitaria provocada pola COVID-19 e a reducción
obrigatoria do aforo terán preferencia no acceso á piscina pola seguinte
orde:
1º Os veciños empadroados con BONO
2º Os residentes (2ª residencia) con BONO
Venda de entradas para o resto de usuarios según dispoñibilidade de aforo.

Os interesados nos BONOS deberán facer a súa reserva ata o 2 de xuño e a
partir desta data non se farán máis bonos, salvo dispoñibilidade de aforo.

A reserva do BONO farase do seguinte xeito:
- Presencialmente nas oficinas do Concello ou na biblioteca
- Na sede electrónica: http://concelloesgos.sedelectronica.gal
- No email info@concelloesgos.com

Os prezos dos BONOS son os seguintes:
- Menores de 10 anos: gratis, pero deberán reservar igualmente o bono.
- De 11 a 17 anos: 10 € empadroados e 20 € residentes
- De 18 a 65 anos: 15 € empadroados e 30 € residentes
- Maiores de 65 anos: gratis para os empadroados pero teñen que reservar
igualmente o bono e 30 € para os residentes

Tamén se contempla un desconto do 20% sobre os prezos anteriores para
familias.


Financia
Gobierno de España - Ministerio de Industria, Turismo y Comercio
Xunta de Galicia - Presidencia - Secretaria Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica
Unión Europea - Fondo Europeo de Desarrollo Regional

Concello de Esgos Praza da Souteira s/n, 32720 Esgos (Ourense) Telf. 988290000 Fax: 988290006 info@concelloesgos.com

 Mapa Web  -   Aviso legal  -   Política Cookies