Concello de Esgos

 GAL  | ES  | EN 
marco

Símbolos

O día 11 de Xuño de 1.966 o Diario Oficial de Galicia incluía no Decreto 228/1996 do 30 de Maio polo que se aprobaba o escudo heráldico do Concello de Esgos.

O escudo heráldico do Concello de Esgos

O día 11 de Xuño de 1.966 o Diario Oficial de Galicia incluía no Decreto 228/1996 do 30 de Maio polo que se aprobaba o escudo heráldico do Concello de Esgos.

No seu art. único dice textualmente:
"Aproba-lo escudo heráldico do Concello de Esgos (Ourense), que quedará organizado do seguinte xeito: de azur unha cruz patada de ouro; na punta, rocas do mesmo. Ó timbre, coroa real pechada".

Para definir un escudo heráldico este breve e preciso texto é máis que suficiente, pero para os non iniciados en heráldica e, sobre todo, na súa peculiar liguaxe, quizás resulte insuficiente e difícil de entender. Non obstante antes convén aclarar que na liguaxe heráldica as cores teñen outras denominacións; así; azur = azul, gules = rojo, sinople = verde e sable = negro. Existen ademais os metais, ouro e prata, que se poden representar como amarelo e branco respectivamente.

Dito isto só nos queda aclarar outros conceptos como, campo ou boca e timbre:

  • Campo, denomínase así á forma do escudo.
  • Timbre, por medio deste grafismo identificase o seu posuidor e catalógase entre a nobreza, a igrexa, as corporacións etc. O timbre máis corrente soe ser o "yelmo" e as coroas. Desta existen moitas formas: real pechada, de duque, de marqués, de conde...

 

Coñecido isto, vamos a facer unha descripción do escudo heráldico de Esgos, que sería:
"No campo de azur, unha cruz prateada representada sobre unhas rocas, situadas na punta ou parte baixa do escudo, sendo a cruz e as rocas de ouro.Ó timbre, sobre o escudo, unha coroa real pechada con diademas e perlas sobre as mesmas"


¿Qué significa o escudo e as figuras que nel se representan?
A cruz alude ó importante asentamento monástico de San Pedro de Rocas, mentres que as rocas, elemento singular e característico do  concello non necesita máis explicación. O timbre, é común a tódolos concellos de España.
A proposta do escudo coa súa simboloxía e a súa representación gráfica son obra do prestixioso heraldista Eduardo Pardo de Guevara e Valdés.

Tomás Vega Pato

 


Bandera del Municipio de Esgos

O Concello de Esgos considerou conveniente organizar correctamente a súa bandeira municipal para perpetua-la con simboloxía axeitada e conforme ás normas da heráldica, así no Decreto 369/2003 do 25 de Setembro da Consellería de Xustiza Interior e Administración Local da Xunta de Galicia en virtude da Comisión Heráldica da Xunta de Galicia dispón nun Artigo único o seguinte:

"Aproba-la bandeira do Concello de Esgos (Ourense) organizada da seguinte maneira: Sobre pano azul, a cruz prateada de amarelo franqueada de dúas tiras verticais do mesmo".


Santiago de Compostela, a 25 de Setembro de 2.003 
Publicado no D.O.G 13 de Octubre de 2.003

Financia
Gobierno de España - Ministerio de Industria, Turismo y Comercio
Xunta de Galicia - Presidencia - Secretaria Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica
Unión Europea - Fondo Europeo de Desarrollo Regional

Concello de Esgos Praza da Souteira s/n, 32720 Esgos (Ourense) Telf. 988290000 Fax: 988290006 info@concelloesgos.com

 Mapa Web  -   Aviso legal