Concello de Esgos

 GAL  | ES  | EN 
marco

Asociacións

Listaxe de tódolas asociacións as que pode pertencer dentro do Concello de Esgos

Asociacións Asociación cultural As Laxas

  • Dirección: 32720 - O Pinto, Esgos (Ourense)

A asociación cultural "As laxas" nace en decembro de 1998. O fin co que se forma é de promoción, formación, integración social e desenvolvemento comunitario da localidad, sin interese lucrativo algún. Dentro desta asociación atópase a Escola de Gaitas do Concello de Esgos e coma consecuencia desta escola nace a Banda de Gaitas do Concello de Esgos. A escola de Gaitas trata de recuperar a tradición musical Galega a través dun grupo de profesores que semanalmente imparten clases de gaita, pandeireta e percusión a un grupo importante de mozos.

En canto á Banda de Gaitas do Concello de Esgos, leva máis de quince anos difundindo e promocionando a cultura galega tanto a nivel provincial, autonómico e incluso nacional. Dende a súa formación as actuacións son innumerables, algunhas das máis destacadas tiveron lugar en Portomarín, Silleda, Monterroso, Madrid, Valladolid, San Sebastián, Portugal,etc. Na actualidade a Banda de Gaitas atópase na primeira división dentro da Federación Galega de Banda de Gaitas.

 

Asociación de agricultores "Frutiesgos"

Esta asociación foi constituida ó 23 de marzo de 2004. O seu Nº de rexistro é o 2004/007155-1(OU), no Rexistro Provincial de Asociacións da Consellería de Xustiza.

Trátase dunha asociación sin ánimo de lucro, sin motivacións políticas e totalmente gratuita. A principal motivación para a constitución desta asociación foi que os agricultores da Comarca de Esgos poideran contar en exclusiva cun técnico agrícola subvencionado pola Administración Autonómica e pagado por ésta.


Este técnico, ademáis de asumir as tarefas de asesoramento ós socios, deberá encargarse da súa coordinación para o seguimento dun programa técnico de defensa contra plagas e enfermedades das hortas e frutais, e tamén impartirá cursos de formación (todos eles totalmente voluntarios e gratuitos).

 

Asociación de Mulleres Rurais Os Picotiños

  • Dirección: Esgos (Ourense)

A asociación de mulleres rurais "Os picotiños", constitúese a comezos do ano 2003.
Os seus fins principais son:

  • Promoción cultural,social económica e laboral da muller do medio rural.
  • Promoción da igualdade entre homes e mulleres.
  • Atención e axuda ás persoas da terceira idade.
  • Promoción de actividades formativas e culturais para mozos.
  • Actividades encamiñadas á formación e ocupación do tempo libre da xuventude.

Cada ano programan diferentes cursos, visitas e charlas informativas.

 

Asociacion de Veciños de Cernada

  • Dirección: A Cernada. 32720, Esgos (Ourense)

A asociación creouse no ano 2005, e os seus fins entre outros son:

  • Desenvolver e defender os dereitos dos veciños do lugar de A Cernada (Esgos).
  • Organización e administración das festas patronais do pobo de A Cernada.
  • Regular e controlar o uso da traída de auga do manancial propiedade do pobo sito na finca denominada “palancas” propiedade de Carmen Blanco Gómez.
  • Desenvolver actividades de todo tipo encamiñadas a cubrir as necesidades dos asociados, así como as dirixidas a conseguir recursos para cumprir os fins fundacionais.

 

Asociación de veciños do pobo de Lobaces

  • Dirección: 32720 - Lobaces, Esgos (Ourense)

A asociación de veciños de Lobaces constitúese o día 1 de novembro de 1998, fixando a súa sede social en Lobaces (Esgos)

Dende a súa creación os seus fins son os seguintes:

Ó largo do ano desenvólvense charlas e cursos seguindo as indicacións dos socios

 

Asociación de veciños O Eirado

  • Dirección: 32720 - Pardeconde, Esgos (Ourense)

 

Asociación de veciños Rezomilo

  • Dirección: 32720 Vilar de Ordelles - Esgos (Ourense)

A asociación cultural "O rezomilo" constituíuse no verán de 2001, fixando a súa sede social en Vilar(Esgos).

Dende a súa creación os seus fins son os seguintes:

  • Promoción cultural,social, económica e laboral da muller do medio rural.
  • Promoción da igualdade entre homes e mulleres.- Atención e axuda ás persoas da terceira idade.
  • Promoción de actividades formativas e culturais para mozos.
  • Atención especial ás persoas discapacitadas ou con algún tipo de minusvalía.
  • Atender as necesidades sociais de cantos integran esta asociación, no referente a urbanismo, construcción de pistas e mantemento das existentes, saneamento, protección do medio ambiente,etc.
  • Esixir información detallada das obras a realizar na zona que abrangue esta asociación polos distintos organismos públicos.
  • Solicitar asesoramento a persoas expertas sobre os temas considerados de interese xeral (urbanismo,vivenda,agricultura,medio ambiente,etc).

 

Asociación de veciños Rocas

  • Dirección: 32720 - Esgos (Ourense)

Actividades periódicas:

  • Excursións: Anualmente realízanse 2 excursións, unha de duración superior a 1 día e outra de 1 so día. Os meses varían en función do lugar de destino.
  • Charlas informativas: Durante o ano son moitos os temas a tratar nas charlas que se realizan, na maioría dos casos son solicitadas polos veciños do Concello.
  • Cursos: O igual que ocurre coas charlas informativas, os cursos realízanse en función das peticións por parte dos veciños.
Financia
Gobierno de España - Ministerio de Industria, Turismo y Comercio
Xunta de Galicia - Presidencia - Secretaria Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica
Unión Europea - Fondo Europeo de Desarrollo Regional

Concello de Esgos Praza da Souteira s/n, 32720 Esgos (Ourense) Telf. 988290000 Fax: 988290006 info@concelloesgos.com

 Mapa Web  -   Aviso legal