Concello de Esgos

 GAL  | ES  | EN 
marco

Novas

[11.12.09] Actividades de Nadal para nenos

Xornada de xogos populares para nenos e maiores, visita a Pazolandia, X concurso de postais, visita dos Reis Magos de Oriente

Xornada de xogos populares para nenos e maiores

23 de decembro de 4 a 5.30 da tarde en Vilar
Billarda, chave, peóns, tabas, enredos musicais, zancos, aros, rá, birolla, petanca, etc.
Ó acabar os xogos haberá  chocolate e bica para todos. Animádevos e vide cos vosos pais, nais ou avós.


Visita a Pazolandia

29 de decembro
Como tódolos anos visitaremos o Parque de Atraccións “Pazolandia”. Imprescindible anotarse no concello ou Telecentro antes do 28 de decembro.


X Concurso de Postais.

Por décimo ano consecutivo celebrarase o concurso de postais que vai dirixido a todos os nenos e nenas de entre 3 e 14 anos. Valorarase a orixinalidade e poderase empregar todo tipo de materiais (papel, purpurina, cartón, algodón, etc.).
O prazo para presentar as postais  remata o 30 de decembro.
Tódolos participantes terán un agasallo.


Visita dos Reis Magos de Oriente

5 de xaneiro ás 12 da maña na Praza da Souteira
Os Reis Magos entregarán os premios do X Concurso de Postais.

 


Financia
Gobierno de España - Ministerio de Industria, Turismo y Comercio
Xunta de Galicia - Presidencia - Secretaria Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica
Unión Europea - Fondo Europeo de Desarrollo Regional

Concello de Esgos Praza da Souteira s/n, 32720 Esgos (Ourense) Telf. 988290000 Fax: 988290006 info@concelloesgos.com

 Mapa Web  -   Aviso legal