Concello de Esgos

 GAL  | ES  | EN 
marco

Novas

[22.12.09] Cese da televisión analóxica

A partir do 18 de xaneiro a televisión só se poderá ver con TDT, xa que cesa nesa data a emisión da televisión analóxica.

Para informar e explicar ós veciños a forma de adaptarse e disfrutar dos servizos da TDT haberá puntos de información móvil (microbus) polo Concello:

* Esgos, martes 29 de decembro pola mañá
* O Pinto, mércores 30 de decembro pola tarde
* Esgos, xoves 14 de xaneiro pola mañá

A través da entidade pública Red.es, dentro do Plan de Apoio a Colectivos de Risco de Exclusión,  pódese solicitar un equipo sintonizador TDT gratuito durante o prazo de 4 anos dende a data de instalación. Para poder solicitar o TDT gratuito é necesario cumprir os seguintes requisitos:

* Residir no concello
* Non dispor actualmente de descodificador TDT
* Pertencer a un dos seguintes colectivos:

* Persoa con discapacidade visual e/ou auditiva recoñecida cun grao igual ou superior ó 33%
* Persoa maior de 65 anos con grao de dependencia Grao III ou Grao II en niveis 2 e 1.
* Persoa maior de 80 anos que vive soa ou acompañada doutro maior de 80 anos

Tódalas persoas interesadas poden informarse e presentala sua solicitude nos Servizos Sociais do Concello.


Financia
Gobierno de España - Ministerio de Industria, Turismo y Comercio
Xunta de Galicia - Presidencia - Secretaria Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica
Unión Europea - Fondo Europeo de Desarrollo Regional

Concello de Esgos Praza da Souteira s/n, 32720 Esgos (Ourense) Telf. 988290000 Fax: 988290006 info@concelloesgos.com

 Mapa Web  -   Aviso legal