O vindeiro DIA 6 de MAIO (luns), procederase á RECOLLIDA DE ENSERES.
Os enseres colocaranse nun único punto en cada pobo, tendo en conta que
este lugar debe ter acceso apropiado para un camión de dous eixes de 22m3.
Infórmase, a fin de evitar o depósito indiscriminado de material, o que se
recollerá e o que non.
- RECOLLERASE: Móbeis, colchóns, somieres, lavadoras, neveiras, cociñas
(tamén de ferro), táboas, cerramentos de eidos, xaulas, televisores,
microondas, e ordenadores.
- NON SE RECOLLERÁN: Materiais de construción, plásticos industriais,
inodoros, lavabos, portas, ventás, persianas, cristais, aceites, pinturas,
neumáticos, desguaces de coches, utensilios de labranza, rodas e roupa.
Os enseres deberán deposita-los a véspera do día da recollida, e AVISAR NO
CONCELLO para comunicarllo a empresa responsable.
Concello de Esgos Praza da Souteira s/n, 32720 Esgos (Ourense) Telf. 988290000 Fax: 988290006 info@concelloesgos.com
Mapa Web - Aviso legal - Política Cookies