Un ano máis dende o Concello vaise a realizar un obradoiro de memoria, que comezará a primeria semana de outubro. Este obradoiro vai englobar diferentes temas como: Talleres de exercitación de memoria, nutrición, relaxación, respiración...
O obradoiro que é totalmente gratuíto, está dirixido a todos os veciños/as e non hai límite de idade para participar. Para evitar desprazamentos, o obradoiro impartirase como viña sendo costume nos locais sociais.
Máis información nos Servizos Socias do concello ou chamando ao 988290000.
Concello de Esgos Praza da Souteira s/n, 32720 Esgos (Ourense) Telf. 988290000 Fax: 988290006 info@concelloesgos.com
Mapa Web - Aviso legal - Política Cookies