O magosto do concello de Esgos xa se achega.
A comida a base de castañas, empanada, churrasco, chourizos, pan, viño,
refrescos e bica estará amenizada polos gaiteiros "Airiños de Caldelas".
As entradas venderánse como é costume nas asociacións de veciños, nos bares
e tendas a un prezo de *6 euros* por persoa.
- Día: Domingo, 7 de novembro
- Hora: 13.00 horas
- Lugar: Praza da Souteira, en Esgos
Concello de Esgos Praza da Souteira s/n, 32720 Esgos (Ourense) Telf. 988290000 Fax: 988290006 info@concelloesgos.com
Mapa Web - Aviso legal - Política Cookies