No BOP nº78 de data 08-04-2010 publícase a convocatoria para a elección do Xuiz de Paz de Esgos. Poden participar na convocatoria todos os cidadáns que reúnan os seguintes requisitos:
- Ser español, maior de idade
- Non estar incurso nas causas de incapacidade previstas no art. 303 da Lei Orgánica do Poder Xudicial, así como nas incompatibilidades sinaladas no art. 389 e seguintes, a excepción do exercicio de actividades profesionais ou mercantís.
Documentación a presentar:
- Certificación de nacemento ou fotocopia autenticada do DNI
- Certificación expedida polo Rexistro Central de Penados e Rebeldes, e declaración complementaria á que fai referencia o art.2 da Lei 68/1980, no seu punto a), referente a "se se atopa inculpado ou procesado".
- Xustificación de méritos que poidan alegar
Prazo de presentación de solicitudes: 15 días hábiles contados a partir do 09/04/2010
Concello de Esgos Praza da Souteira s/n, 32720 Esgos (Ourense) Telf. 988290000 Fax: 988290006 info@concelloesgos.com
Mapa Web - Aviso legal - Política Cookies